Noite de voraces sombras

Noite de voraces sombras

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029107
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-8302-910-7
Páxinas:
176
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
FORA DE XOGO

13,95 €

IVE incluído
Comprar

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un  fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non  menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha extraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou  se todo é froito da subxectividade da protagonista. Despois da publicación de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do público e da crítica, foi " Premio Protagonista Jove " , outorgado polos lectores cataláns, e incluída nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de  Munich, Agustín Fernández Paz ofrece, coa súa característica mestría narrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Antón Avilés de Taramancos (1935-1992)
    Titulo del libro
    Antón Avilés de Taramancos (1935-1992)
    Arxóns Álvarez, M. Dolores;Agrelo Hermo, Xosé Lois
    Xerais
    Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avi...
    No disponible

    51,50 €

  • Lúas de nácara
    Titulo del libro
    Lúas de nácara
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser cam...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Xoaquín Lorenzo (1907-1989)
    Titulo del libro
    Xoaquín Lorenzo (1907-1989)
    Vázquez-Monxardín Fernández, Afonso
    Xerais
    Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989),etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotó...
    No disponible

    55,65 €

  • Axenda dietario simil-pel 2007
    Titulo del libro
    Axenda dietario simil-pel 2007
     
    Xerais
    No disponible

    26,08 €

  • POEMAR O MAR
    Titulo del libro
    POEMAR O MAR
    Nº 225
    GARCIA TEIJEIRO, ANTONIO
    Xerais
    "Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se  completa con "En la cuna del mar" e "...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €