Xoaquín Lorenzo (1907-1989)

Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821797
Ano de edición:
Materia
FOTOGRAF?A
ISBN:
978-84-9782-179-7
Páxinas:
280
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

55,65 €

IVE incluído

Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989),etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo Galego, membro da Real Academia Galega, foi homenaxeado co Día das Letras Galegas 2004. O presente volume, Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía, preparado por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, constitúe a achega máis acaída sobre o percorrido biográfico e autoral de Xoaquín Lorenzo. Precedida por unha  presentación do Museo do Pobo Galego e dunha cronoloxía do autor, recolle centos de fotografías (a maior parte inéditas), textos e documentos organizados nas seguintes etapas: 1907-1923: A infancia e a  mocidade. A descuberta de Galicia. 1923-1936: Os tempos do Seminario de Estudos Galegos. O compromiso coa Terra. 1936-1941: A fenda da guerra. Sobrepóndose á desfeita.1941-1963: O traballo posible. Arqueoloxía e etnografía.1963-1977: A ilusión dos novos tempos. A confianza na mocidade.1977-1989: O fío da memoria. Tempo de homenaxes e recoñecementos.A obra, ademais do percorrido fotobiográfico, inclúe ensaios de Clodio González Pérez ("Xocas: Biografía"), de Francisco Fariña e Xulio Rodríguez ("Dimensión arqueolóxica de X. Lorenzo"), de Xosé Manuel González Reboredo ("Don Xoaquín Lorenzo Fernández e os estudos da sociedade, a literatura oral e as crenzas da Galicia campesiña"), de Francisco Calo Lourido ("Xaquín Lorenzo Fernández e o mundo do mar"), de Francisco Fernández Rei ("A terminoloxía tradicional e a construción do galego estándar"), de Xosé C. Sierra Rodríguez ("Palabras e cousas. Achegamentos visuais ó coñecemento etnográfico"), de Segundo Alvarado ("Don Xoaquín Lorenzo, un solteirón, pais de moitos) e Xosé Lino Vázquez-Monxardín Blanco ("A lembranza dun bo e xeneroso"). O volume complétase cunha bibliografía de e sobre Xoaquín Lorenzo. A edición desta fotobiografía realizouse en colaboración entre o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita
    Titulo del libro
    Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita
    Calvo Vidal, José Luís;Rodríguez Yáñez, Yago
    Xerais
    Pertence Darío Xohán Cabana á "Grande Xeración" de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela es...
    No disponible

    21,95 €

  • Idol!
    Titulo del libro
    Idol!
    Chan, Alba
    Xerais
    Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en  «Idol!», un «talent show» onde un...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Laura e os ratos
    Titulo del libro
    Laura e os ratos
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    En casa de Laura hai un rato. O seu pai e a súa nai parece que o queren matar e, pola contra, Laura quere amig...
    No disponible

    6,80 €

  • Se comes un limón sen facer xestos
    Titulo del libro
    Se comes un limón sen facer xestos
    Pàmies, Sergi
    Xerais
    Se comes un limón sen facer xestos, libro de vinte relatos de Sergi Pàmies, traducido por Antón Dobao, afron...
    No disponible

    20,50 €

  • HISTORIAS DE COMPOSTELA
    Titulo del libro
    HISTORIAS DE COMPOSTELA
    Nº 5
    Filgueira Valverde, Jose Fernando
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    5,28 €