Antón Avilés de Taramancos (1935-1992)

Antón Avilés de Taramancos (1935-1992). Unha fotobiografía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475073781
Ano de edición:
Materia
BIOGRAF?AS
ISBN:
978-84-7507-378-1
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

51,50 €

IVE incluído

Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña o 22 de marzo de 1992. En 1961 exiliouse en  Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país. Avilés de Taramancos, publicou os poemarios "As moradías do vento" (1955), "A frauta e o garamelo" (1959), "O tempo no espello" (1982), "Cantos caucanos" (1985, Xerais 2003), "As torres no ar" (1989) e "Ultima fuxida a Harar" (1992); ademais do libro de relatos "Nova Crónica das Indias" (1989, Xerais 2003) e da peza infantil "Tres capitáns de tempos idos" (Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa foron recollidas en "Obra viva" (1992). Antón Avilés de Taramancos. Unha fotobiografía (1935-1992) ofrece un singular percorrido fotobiográfico sobre a figura humana e literaria que Galicia homenaxea este 17 de maio. Preparada coidadosamente por María Dolores Arxóns Alvarez e X.Lois Agrelo Hermo, amigos persoais e biógrafos do poeta, a presente fotobiografía ofrece máis de douscentos  documentos gráficos (fotografías, programas, textos manuscritos...) e  textos literarios, ordenados cronoloxicamente, e, en boa parte, ata agora inéditos, que constitúen o máis amplo álbum documental sobre a figura de Antón Avilés de Taramancos. Percorrido fotobiográfico iniciado na súa aldea natal de Taramancos (1935-1953), que continúa no  seu tempo de formación e bohemia na Coruña (1953-1961), que se ensancha no seu perído en Colombia, a súa patria acolledora (1961-1980), que conclúe en Noia, a súa patria recuperada (1980-1992).  Percorrido visual, precedido polo ensaio "Antón Avilés, o sentimento fabulador da terra", preparado polo seu amigo e coetáneo xeracional o académico Salvador García-Bodaño Zunzunegui.O volume complétase cunha completa cronoloxía e unha bibliografía de e sobre Antón Avilés.

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Que lle podo ofrecer a quen me intente?
    Titulo del libro
    Que lle podo ofrecer a quen me intente?
    Angueira, Anxo;Bermúdez Montes, Teresa
    Xerais
    Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Lite...
    No disponible

    19,50 €

  • 4.EXPANSION IMPERIALISTA COLONIALISMO/CAD.HISTORIAXERCOM
    Titulo del libro
    4.EXPANSION IMPERIALISTA COLONIALISMO/CAD.HISTORIAXERCOM
    GRUPO GANDARA
    Xerais
    No disponible

    5,00 €

  • O almorzo
    Titulo del libro
    O almorzo
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    4,10 €

  • Orión e os animais magos
    Titulo del libro
    Orión e os animais magos
    Gisbert, Joan Manuel
    Xerais
    Orión nunca se separa do seu dono Isidro, un músico ambulante que tocaba o acordeón na praza da torre do rel...
    No disponible

    9,95 €

  • Os meus ollos
    Titulo del libro
    Os meus ollos
    Fonte Crespo, Ramiro
    Xerais
    Coa intención de recuperar o tempo e lugar da súa infancia, a vila mariñá de Pontedeume, Ramiro Fonte conve...
    No disponible

    22,15 €