Historia da literatura infantil e xuvenil galega

Historia da literatura infantil e xuvenil galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148458
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-9914-845-8
Páxinas:
504
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
235
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

A presente Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega é o resultado dun traballo conxunto no que participa un grupo de profesionais que levan anos vinculadas á investigación neste eido, baixo a coordinación de Blanca-Ana Roig Rechou. A súa principal pretensión é cubrir o baleiro existente ao redor do coñecemento sistemático da produción que se destina ao público lector infantil e xuvenil, na actualidade felizmente canonizada e que conta xa con auténticos clásicos que conviven coas voces que se foron incorporando ao longo dos anos, como reflicte este traballo.
 A partir da organización secuencial en séculos, e seguindo a metodoloxía establecida polas teorías sistémicas e as achegas doutros paradigmas teóricos, os seis capítulos nos que se estrutura o volume van conformando un percorrido historiográfico no que se describen as diferentes etapas existentes na constitución do sistema literario infantil e xuvenil, atendendo aos factores e axentes que propiciaron a  súa conformación e asentamento, e á análise das obras dos xéneros literarios canónicos.
 As investigadoras que realizaron este traballo (Blanca-Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas, Pilar Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez, Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto) están vinculadas ás seguintes iniciativas e institucións que acollen a Literatura Infantil e Xuvenil: o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» da USC; a Rede temática de investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI); os proxectos «Informes de Literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil» do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; a Asociación galego-portuguesa de investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, e a Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • O regreso dos maquis
    Titulo del libro
    O regreso dos maquis
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Tres dirixentes das guerrillas antifranquistas de Asturias, León e Galicia percorren de novo, case corenta ano...
    No disponible
  • Rimas con letra
    Titulo del libro
    Rimas con letra
    Sánchez García, Gloria
    Xerais
    No disponible

    6,75 €

  • A defunción dos sexos
    Titulo del libro
    A defunción dos sexos
    Ferrández Pérez, Daniela
    Xerais
    A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea é un  libro divulgativo que recompila hist...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €

  • NOVO XARDÍN DAS LETRAS. VOGAIS
    Titulo del libro
    NOVO XARDÍN DAS LETRAS. VOGAIS
    AA.VV
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,20 €

  • Pronto hei de volver
    Titulo del libro
    Pronto hei de volver
    Castro Moure, Amador
    Xerais
    Para Chiqui, todo comezou cunha bala. Mais antes, para que ela chegase  a existir, foi precisa a emigración a ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €