MEMORIA DAS GUERRAS NA LIT. INFANTIL E XUVENIL EN LINGUA

MEMORIA DAS GUERRAS NA LIT. INFANTIL E XUVENIL EN LINGUA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822480
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-9782-248-0
Páxinas:
144
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
242
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

A literatura xoga un papel fundamental na interpretación das vivencias  experimentadas durante a nenez e a mocidade. Esta é a razón pola que neste traballo, coordinado polas profesoras da Universidade de Santiago María Jesús Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou e promovido por GALIX, recóllese unha antoloxía de trinta e oito obras da literatura infantil e xuvenil editada en galego que refliten, dende  diferentes puntos de vista, as traumáticas consecuencias das guerras e dos conflitos bélicos e as súas repercusións para a humanidade. O corpus seleccionado nesta antoloxía, ten, pois, como elo unificador a lingua galega, aínda que o orixinal fose escrito noutras linguas, organizándose a súa significatividade arredor de cinco eidos temáticos: "campos de concentración e refuxiados", "consecuencias directas ou indirectas das guerras e posguerras sobre a infancia e a mocidade", "episodios bélicos do pasado descubertos por adolescentes",  "actuación da infancia e da adolescencia nos conflitos bélicos" e "os  conflitos bélicos e posbélicos como pano de fondo". A presente antoloxía, dirixida a un lectorado entre os dez anos e a fronteira entre a mocidade e a madureza, ten toda ela carácter narrativo, incluíndo textos dos seguintes autores galegos: Fran Alonso, Roque Cameselle, Raquel Campos Pico, Margot Chamorro, Francisco Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel María, Antonio García Teijeiro, Andrés García Vilariño, Xosé Ramón González Alvarez, Siro López, Xavier López Rodríguez, Xavier Lorenzo, Manuel Lourenzo González, Xosé Manuel Martínez Oca, Marina Mayoral, Xosé Neira Vilas, Milagros Oya e Xosé A. Ventoso Mariño. Os estudos preliminares e a escolla e edición dos textos antologados foron realizados por Eulalia Agrelo Costas, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez, Amaro Raviña Rosende, Isabel Soto López e as dúas coordinadoras da obra, María Jesús Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou.

Materia en Librerias Nobel.es

  • Duendes en el Campo
    Titulo del libro
    Duendes en el Campo
    Nº 03
    Jordi Ninot
    Dylar ediciones
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,00 €

  • BISA BEA, BISA BEL
    Titulo del libro
    BISA BEA, BISA BEL
    Íachado, Ana Maria
    Fondo cultura economica (fce)
    Hacer limpieza general puede descubrirnos un mundo. En el cuarto de mi  madre -cuenta Bel- había un armario, d...
    No disponible
  • Los Increíbles. Libro de pegatinas.
    Titulo del libro
    Los Increíbles. Libro de pegatinas.
    Walt Disney Company
    Everest
    ESTRENO EL 26-11-2004 Del aclamado director de El Gigante de Hierro (1999), Brad Bird, y Pixar, los creado...
    No disponible

    7,95 €

  • CLASSICOS DE SEMPRE-UM MUNDO DE PRINCESAS
    Titulo del libro
    CLASSICOS DE SEMPRE-UM MUNDO DE PRINCESAS
    AA.VV
    Girassol ediÇoes
    Histórias clssicas de princesas com ilustraçäes apelativas e muito coloridas para os mais pequenos. ...
    No disponible
  • Una aventura de sirenas 2
    Titulo del libro
    Una aventura de sirenas 2
    AA.VV
    Beascoa
    En esta emocionante aventura, Barbie es una chica normal apasionada del surf y, también, una princesa sirena. ...
    No disponible

    7,95 €

Xerais en Librerias Nobel.es

  • A CONTRADICIóN PERMANENTE
    Titulo del libro
    A CONTRADICIóN PERMANENTE
    AA.VV
    Xerais
    Hai anos en que todo se acelera. Xornadas que valen por décadas anódinas. Momentos en que rompe a continuidad...
    No disponible

    20,95 €

  • O derradeiro irmán
    Titulo del libro
    O derradeiro irmán
    Appanah, Nathacha
    Xerais
    Cando David se lle aparece en soños, Raj prende na memoria da súa infancia: os campos verdísimos da illa tro...
    No disponible

    16,50 €

  • A sombra de Laura
    Titulo del libro
    A sombra de Laura
    Muñoz Puelles, Vicente
    Xerais
    A sombra de Laura é a maís feliz do mundo. Porque resulta que Laura, ao revés có resto da xente, a quere mo...
    No disponible

    3,05 €

  • Os Libros De Merlin. Lecturas 3. Educacion Primari
    Titulo del libro
    Os Libros De Merlin. Lecturas 3. Educacion Primari
    Lastra Muruais
    Xerais
    No disponible

    Consulta a nosa
    Libraría

  • O carnaval en Galicia
    Titulo del libro
    O carnaval en Galicia
    Cocho, Federico
    Xerais
    O carnaval en Galicia é unha rigorosa e amena monografía de Federico Cocho, con fotografías de Manuel G. Vic...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    31,50 €