Historia da literatura infantil e xuvenil galega

Historia da literatura infantil e xuvenil galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148458
Any d'edició:
Matèria
LLIBRE DE TEXT
ISBN:
978-84-9914-845-8
Pàgines:
504
Enquadernació:
RUSTICA
idioma:
GALEGO
Ample:
170
Alt:
235
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
XERAIS UNIVERSITARIA

30,50 €

IVA inclòs
Avisar disponibilitat

A presente Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega é o resultado dun traballo conxunto no que participa un grupo de profesionais que levan anos vinculadas á investigación neste eido, baixo a coordinación de Blanca-Ana Roig Rechou. A súa principal pretensión é cubrir o baleiro existente ao redor do coñecemento sistemático da produción que se destina ao público lector infantil e xuvenil, na actualidade felizmente canonizada e que conta xa con auténticos clásicos que conviven coas voces que se foron incorporando ao longo dos anos, como reflicte este traballo.
 A partir da organización secuencial en séculos, e seguindo a metodoloxía establecida polas teorías sistémicas e as achegas doutros paradigmas teóricos, os seis capítulos nos que se estrutura o volume van conformando un percorrido historiográfico no que se describen as diferentes etapas existentes na constitución do sistema literario infantil e xuvenil, atendendo aos factores e axentes que propiciaron a  súa conformación e asentamento, e á análise das obras dos xéneros literarios canónicos.
 As investigadoras que realizaron este traballo (Blanca-Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas, Pilar Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez, Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto) están vinculadas ás seguintes iniciativas e institucións que acollen a Literatura Infantil e Xuvenil: o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» da USC; a Rede temática de investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI); os proxectos «Informes de Literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil» do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; a Asociación galego-portuguesa de investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, e a Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

Matèria a Librerias Nobel.es

Xerais a Librerias Nobel.es

  • Marcopola 3 Dragoneta!
    Titulo del libro
    Marcopola 3 Dragoneta!
    Fernandez Serranos, Jacobo
    Xerais
    Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a  beberaxe que fará da malvada Demonet...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €

  • DRAGAL V
    Titulo del libro
    DRAGAL V
    Gallego Abad, Elena
    Xerais
    Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invi...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Faneca brava
    Titulo del libro
    Faneca brava
    Nº 336
    Portas Fernández, Manuel
    Xerais
    A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. AlgÃ...
    No disponible

    20,95 €

  • Mil cousas poden pasar. Libro I
    Titulo del libro
    Mil cousas poden pasar. Libro I
    Fernández Serrano, Jacobo
    Xerais
    Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Guía ilustrada da Galicia invisible
    Titulo del libro
    Guía ilustrada da Galicia invisible
    Reigosa, Antonio
    Xerais
    Hai unha Galicia visible e hai outra que non se ve inzada de reinos, cidades, vilas, illas, covas, camiños, mo...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    29,95 €