Territorio da desaparición

Territorio da desaparición

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887197
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8288-719-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
DOMBATE

10,90 €

IVE incluído

Premio da Crítica Española, 2004. Territorio da desaparición reúne o traballo de creación desenvolvido por Miguel Anxo Fernán Vello durante  os últimos anos, o poemario é unha chamada á resistencia a través da palabra, que na obra de Fernán Vello é o lugar da emoción pero tamén da loita contra o esquecemento. O libro é o primeiro publicado por Miguel Anxo Fernán Vello des que, no ano 1996, publicara As certezas do clima. Co título de Territorio da desaparición, o poeta fai unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo e lenta descomposición das arelas de progreso ao que a poesía non debe permanecer indiferente. Inmigrantes, exiliados e repatriados constitúense en protagonistas dun territorio no que a derrota e a ameaza do baleiro pretenden impoñerse e no que os poetas «sobreviven na voz impenetrábel da paciencia». Nese mesmo espazo metafórico e literario, a escritura do propio poema acaba por ser a auténtica esperanza. Miguel Anxo Fernán Vello traza os lindes poéticos dun territorio ermo cada vez máis presente no noso tempo. A súa voz, unha das máis singulares da poesía galega contemporánea, teima na poesía como palabra que nos esperta e outorga ás cousas unha verdade firme e necesaria

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • O gato con botas
    Titulo del libro
    O gato con botas
    Perrault, Charles
    Galaxia
    Era unha vez un muiñeiro que deixou en herdanza aos seus tres fillos o  seu muíño, o seu burro e o seu gato....
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    5,00 €

  • O libro negro
    Titulo del libro
    O libro negro
    Pamuk, Orhan
    Galaxia
    Unha fervenza de historias engaioladoras que rebolen arredor dun misterio nada convencional. A muller de Galip ...
    No disponible
  • Ilustrísima
    Titulo del libro
    Ilustrísima
    Casares, Carlos
    Galaxia
    No disponible

    11,50 €

  • TESTEMUÑO DA GUERRA CIVIL
    Titulo del libro
    TESTEMUÑO DA GUERRA CIVIL
    Nº 4
    RIOS LEZCANO, ISABEL
    Galaxia
    Testemuño da Guerra Civil é o relato íntimo dunha vida de compromiso cos demais. Por momentos parece a trans...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    26,50 €

  • Juana de Vega condesa de Espoz y Mina (1803-1872). Facer do século
    Titulo del libro
    Juana de Vega condesa de Espoz y Mina (1803-1872). Facer do século
    Nº 7
    Veiga, Xosé Ramón
    Galaxia
    E Juana de Vega (A Coruña, 1805-1872) unha muller tremendamente descoñecida para o gran público, coma tantas...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    41,00 €