Romanceiro en lingua galega

Romanceiro en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027547
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-8302-754-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVE incluído

Coa presente colección de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinión bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de carácter novelesco.  Moitos coinciden cos romances casteláns; bastantes son comúns á área galego-portuguesa; e tamén existen algúns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, López de la Vega editou os primeiros  romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnógrafos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmáns de la Iglesia, Murguía, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Antón Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menéndez Pidal para o romanceiro castelán ou Teófilo Braga para o portugués, pero o volume de material reunido é notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccións de romances -as de Casto Sampedro e Víctor Said Armesto- quedaran inéditas ata hai pouco.  Aínda está sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccións de Murguía e os irmáns de la Iglesia foron incluídas no Romanceiro popular galego de tradizón oral de Lois Carré Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola súa calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias de literatura galega, como aparecen nas da literatura castelá, catalana ou portuguesa.

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • AXENDA DIETARIO XERAIS CARTONÈ 2020
    Titulo del libro
    AXENDA DIETARIO XERAIS CARTONÈ 2020
     
    Xerais
    No disponible

    16,00 €

  • Onde o Sol non adormece
    Titulo del libro
    Onde o Sol non adormece
    Cortizas Amado, Antón
    Xerais
    Días antes da súa entrada na Universidade, Pedro escribe as lembranzas  da súa vida con Xulia, a súa amiga ...
    No disponible

    13,40 €

  • O Señor dos Aneis II
    Titulo del libro
    O Señor dos Aneis II
    Tolkien, J. R. R.
    Xerais
    O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas  o lector descubrirá moito sobre o s...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €

  • Ata que a morte nos separe
    Titulo del libro
    Ata que a morte nos separe
    Gallego, Elena
    Xerais
    Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural d...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €

  • Laxeiro, a invención do mundo
    Titulo del libro
    Laxeiro, a invención do mundo
    Castro, X. Antón
    Xerais
    A través de dúas voces, a do propio artista -que narra en primeira persoa os acontecementos fundamentais da s...
    No disponible

    19,60 €