Romanceiro en lingua galega

Romanceiro en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027547
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-8302-754-7
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVA incluido

Coa presente colección de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinión bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de carácter novelesco.  Moitos coinciden cos romances casteláns; bastantes son comúns á área galego-portuguesa; e tamén existen algúns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, López de la Vega editou os primeiros  romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnógrafos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmáns de la Iglesia, Murguía, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Antón Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menéndez Pidal para o romanceiro castelán ou Teófilo Braga para o portugués, pero o volume de material reunido é notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccións de romances -as de Casto Sampedro e Víctor Said Armesto- quedaran inéditas ata hai pouco.  Aínda está sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccións de Murguía e os irmáns de la Iglesia foron incluídas no Romanceiro popular galego de tradizón oral de Lois Carré Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola súa calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias de literatura galega, como aparecen nas da literatura castelá, catalana ou portuguesa.

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Capitán Inverno
    Titulo del libro
    Capitán Inverno
    Fonte, Ramiro
    Xerais
    Capitán Inverno está organizado en seis grandes apartados: I. "Mínima Moralidade" (onde amplía o poemario d...
    No disponible

    15,80 €

  • Macbett
    Titulo del libro
    Macbett
    Ionesco, Eugène
    Xerais
    A lectura e a contemplación do Macbeth de Shakespeare e do Macbett de Ionesco resulta unha experiencia extraor...
    No disponible

    10,10 €

  •  LABIA LECTO-ESCRIT.1 XERLIN
    Titulo del libro
    LABIA LECTO-ESCRIT.1 XERLIN
     
    Xerais
    No disponible

    10,10 €

  • O tradutor de sombras
    Titulo del libro
    O tradutor de sombras
    Fuentes, Moncha
    Xerais
    Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arras...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €

  • Na fogueira dos versos
    Titulo del libro
    Na fogueira dos versos
    García Teijeiro, Antonio
    Xerais
    Na fogueira dos versos foi premiado, por unanimidade, por un xurado de  lectores, que destacou a pureza e a sin...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,50 €