Restra de letras

Restra de letras

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028643
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-8302-864-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

14,75 €

IVE incluído

Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica. Está enfocado a mellorar a competencia lingüística do alumnado, fundamentalmente no que se refire á ortografía e ao léxico, aínda que tamén pode ser de axuda en cuestións de literatura. Como o seu propio nome indica, co que se xoga é con letras e con palabras (non hai xogos  de números, por exemplo). Polo tanto, pódese considerar como unha ferramenta de moita utilidade para o seu uso na aula.O libro consta de  dous niveis segundo a dificultade de resolución dos xogos. No nivel 1  (dirixido fundamentalmente a rapaces e rapazas do 1º ciclo de ESO) propóñense 16 tipos de xogos diferentes, mediante os cales se poden traballar aspectos de léxico (cruzada visual, sopa de letras), ortografía (a serpe, tres eran tres, sílaba fixa, incógnita, encrucillado), literatura (fuga de vocais, trasnadas) e mesmo de desenvolvemento do razoamento lóxico (xeroglíficos).No nivel 2 (dirixido ao 2º ciclo de ESO) increméntase a dificultade e a diversidade dos xogos (30 diferentes). Ao igual que acontecía co nivel  1, tamén aquí se pode tirar partido dos pasatempos para completar o coñecemento en distintos niveis da gramática e ademais, propóñense fórmulas que requiren unha maior perspicacia para a resolución dos xogos (encrucillado branco, brincadeira, autodefinido branco). Neste nivel tamén se lle concede máis importancia ao ámbito literario, xa que moitos dos xogos baséanse na descuberta de títulos e pasaxes de obras literaria, de nomes de escritores, etc.Como se dixo ao comezo, Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica. Iso si,  non é un método didáctico, nin pretende abranguer ningún ámbito determinado no estudio da lingua, porque todos os xogos que nel se propoñen, axudan a mellorar a comprensión e expresión escrita de quen se achegue ás súas páxinas.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • De vagar. Expresión escrita 1
    Titulo del libro
    De vagar. Expresión escrita 1
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    7,25 €

  • ¡Sireno, Sireno!
    Titulo del libro
    ¡Sireno, Sireno!
    Alfaya, An
    Xerais
    No disponible

    8,40 €

  • Lugar
    Titulo del libro
    Lugar
    Dans, Raúl
    Xerais
    No disponible

    8,25 €

  • Roseira do teu mencer
    Titulo del libro
    Roseira do teu mencer
    Alvarez Blázquez, Xosé María
    Xerais
    No disponible

    6,95 €

  • Os Suicidantes
    Titulo del libro
    Os Suicidantes
    Ameixeiras, Diego
    Xerais
    Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados car...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €