í Sireno, Sireno !

í Sireno, Sireno !

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826006
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-600-6
Páxinas:
144
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
190
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
MERLIN 11 ANOS

9,95 €

IVE incluído

Partindo da imaxe da esculta de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. "¡Sireno, Sireno!" é o  relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento. O neno refúxiase nun mundo onírico, no que o debuxo é a única vía de escape, pero só pinta en branco e negro porque vive nun mundo gris; nesa situación. A descuberta do Sireno, unha estatua deforme que se eleva nunha praza da súa cidade, desperta emocións intensas e contradictorias no seu interior. A partir de entón, sofre unha identificación fantasiosa que o axudará a camiñar na procura das cores. En palabras de An Alfaya, a autora, "o Sireno sérvelle ó protagonista de escusa para saír da escuridade na que quedou preso trala morte do pai e descubre nela a beleza do deforme como aposta persoal". Unha fermosa historia, merecedora do Premio Merlín de 1997, que é un reflexo dun alma infantil sensible. Unha historia escrita co corazón, que a autora recomenda lela tamén co corazón, que aposta por afondar nas vivencias e nos sentimentos.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • Historias para calquera lugar
    Titulo del libro
    Historias para calquera lugar
    Alfaya, An;Caride, Ramón;Fernández Paz, Agustín;DoCampo, Xabier P.;Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    Historias para calquera lugar é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra a publicación do seu n...
    No disponible

    11,35 €

  • O cero escuro
    Titulo del libro
    O cero escuro
    An Alfaya (Seudónimo), -Alfaya Berbardez, Mª Angeles
    Tambre-edelvives
    Nadia, unha adolescente tímida e con problemas familiares, vive o espe rtar do seu primeiro amor. O que está ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,90 €

  • Quéroche contar un conto
    Titulo del libro
    Quéroche contar un conto
    Alfaya, An;Castro Veloso, Francisco;Cermeño, Xosé;Fernández Paz, Agustín;Pérez Pintos, Irene
    Xerais
    Dende ASPANAEX queremos darlles o noso máis sincero agradecemento a An  Alfaya "Os segredos das cores", Franci...
    No disponible

    8,25 €

  • Illa Soidade
    Titulo del libro
    Illa Soidade
    Alfaya, An
    Xerais
    Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • A sombra descalza
    Titulo del libro
    A sombra descalza
    Alfaya, An
    Xerais
    Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pa...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

Xerais en Librerias Nobel.es