María das Batallas

María das Batallas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471541147
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-114-7
Páxinas:
306
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

María das Batallas conta a historia de María Pita e da defensa da cidade da Coruña fronte ao ataque das tropas de sir Francis Drake.Cunha prosa directa e ricaz, e a través da voz dos personaxes que viviron aquel tempo, Alfredo Conde traza nesta novela o puzzle brutal dos destinos que se cruzaron no cerco da Coruña.O autor de Xa vai o griffón no vento volve compartir con lectores e lectoras unha aventura inesquecible.Titulares de prensaMARIA DAS BATALLASA Coruña como esceario e María Pita como protagonista. Con tales ingredentes o resultado era previsible: Alfredo Conde ofrécenos unha das súas mellores novelas. Un narrador consagrado que en palabras de Víctor Freixanes, "segue a medrar". María Pita é un personaxe simbólico, cunha gran potencialidade en si mesma, sen embargo Conde non segue a dimensión romántica máis celebrada e, por tanto, esperable. Desce a detalles máis pragmáticos: refire os numerosísimos pleitos que sostivo  ao longo da súa vida e os intereses non sempre heroicos que a animaban, como a pretensión de ser alférez ou a de lograr de El Rei a franquicia para comerciar co vinho de Porto, cousas que non lle foron concedidas. Aínda que a figura da heroína concentre o nó da novela, Alfredo Conde non se limita a María Pita e ao seu contorno senón recupera o tempo e a época histórica con toda a complexidade de acontecementos, intrigas e situacións, con relevancia especial da Pescadería, onde se desenvolven os feitos.A habelencia narrativa de Conde déixase ver no orixinal prantexamento, na estructura da novela, na pluralidade de rexistros estilísticos e na atinada documentación que sendo fiel e obxectiva non resulta exhaustiva nin abufante. Estamos ante unha obra de ficción, non ante un ensaio. En ocasiones é dificil substraerse á tentación de utilizar aqueles datos dos que se dispoñen e que foron recabados mediante unha ardua laboura de investigación. Pero así é a arte da escrita, na que non hai números neutros: o que non suma, resta. "Arte de non escribir o que sobre...",  como ben recordou o catedrático Paz Gago ao analizar polo miúdo da obra.María das Batallas é unha novela histórica, unha aportación máis a un xénero de actualidade que ten ofrecido espléndidos resultados no caso, por exemplo, de Eco ou de Yourcenar. Mais é tamén unha novela de  intriga. O autor consegue ternos presos do desenlace desa manobra na que un exército de vinte mil homes se prepara para a invasión da cidade. Encetan a xeira con éxito notorio, xa que no primeiro día matan medio milleiro de coruñeses. A vista disto, os sitiados acordan refuxiarse na cidade alta para acorazarse e resistir. Cando os ingleses, convencidos da súa superioridade, tratan de vencer as últimas resistencias procedendo ao asalto final, xorde a figura de María Pita nun coñecido lance, que ten tanto de xenreira e de desesperación como de heroismo.A nivel estilístico atopámonos con tres  narradores, que nos permiten coñecer desde "dentro" os sucesos, o criterio e as versións dos protagonistas do drama. Dunha banda está a filla de María Pita, doutra o curmán de Francis Drake, aos que cómpre engadir o narrador omnisciente, o capitán Varela. O espírito do relato  trata de ser fiel á realidade histórica e á persoalidade de María Pita. Outramente, Conde eleva á categoría de protagonista á propia cidade, en concreto á Pescadería, lugar de confluencia que representa a puxanza económica; a forza mariñeira e popular da cidade baixa.María  das Batallas destaca tamén pola viveza dos persoaxes, cunha gran dose  de realismo e credibilidade. Relevancia especial teñen as mulleres. Mulleres recoñecidas e admiradas, como María Pita, e mulleres humildes, anónimas, que contribuíron co seu esforzo non menos heroico ao progreso e á liberdade.Xulio VarcárcelDomingo 9 de setembro de 2007El Ideal Gallego

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • MEMORIA DE NOA
    Antigo
    Titulo del libro
    MEMORIA DE NOA
    Nº 22
    CONDE, ALFREDO
    Ediciones alfaguara
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • EL GRIFFON
    Antigo
    Titulo del libro
    EL GRIFFON
    Nº 98
    CONDE, ALFREDO
    Rba coleccionables
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • Llovida del cielo
    Titulo del libro
    Llovida del cielo
    Conde, Alfredo
    Edhasa editorial
    Una mañana de junio aparece en la plaza de A. Quintana el cadáver desnudo de una joven. Según el relato de u...
    No disponible
  • Breixo
    Titulo del libro
    Breixo
    Conde Cid, Alfredo
    Galaxia
    Unha novela na que Alfredo Conde trata, unha vez máis, un dos temas recorrentes da súa obra narrativa: a dif...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,45 €

  • Mementos de vivos
    Titulo del libro
    Mementos de vivos
    Conde Cid, Alfredo
    Galaxia
    Este é un libro de relatos dominado pola presenza dun narrador que vai  rememorando diversos episodios da súa...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    12,00 €

Materia en Librerias Nobel.es

  • El obispo mudo
    Titulo del libro
    El obispo mudo
    López, Víctor
    Lapsus calami
    ¿Es la Iglesia Católica opio del pueblo o luz del mundo? ¿Es profeta de la paz que nace de la justicia, o un...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,00 €

  • El pasado que vendrá
    Titulo del libro
    El pasado que vendrá
    SIERRA FABRA, JORDI
    Editorial catedral
    Una novela coral que recupera de manera magistral la España de la posguerra. Septiembre de 1943. Cinco persona...
    No disponible
  • ROMPIENDO BARRERAS, CONSTRUYENDO IGUALDAD
    Titulo del libro
    ROMPIENDO BARRERAS, CONSTRUYENDO IGUALDAD
    Chacón Piqueras, Carme
    La lluvia
    No disponible
  • Rana
    Titulo del libro
    Rana
    Yan, Mo
    Kailas
    Rana, la última obra publicada por Mo Yan y la primera de sus obras traducida por Kailas directamente del chin...
    No disponible
  • Los contrabandistas de libros
    Titulo del libro
    Los contrabandistas de libros
    Hammer, Joshua
    Malpaso
    La historia comienza en Tombuctú en la década de los ochenta, cuando el librero, historiador y bibliotecario ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    22,00 €

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais
    Titulo del libro
    As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais
    Nº 14
    Varios
    Galaxia
    Máis de medio século despois das revoltas de Stonewall Inn (Nova York,  1969), os avances en relación á sit...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    24,65 €

  • Kafka e a boneca viaxeira
    Titulo del libro
    Kafka e a boneca viaxeira
    Sierra i Fabra, Jordi
    Galaxia
    Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2007. Velaquí un libro que fala dun misterio: o que xunguiu o...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,40 €

  • O PODER MÁXICO DO SORRISO
    Titulo del libro
    O PODER MÁXICO DO SORRISO
    Nº 44
    TROITIÑO GONZÁLEZ, THALÍA
    Galaxia
    Sempre sorrimos igual? Mara decatouse de que ten moitos sorrisos, e anda a darlle voltas a iso. Sabiades que no...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,50 €

  • Antes molabamos máis
    Titulo del libro
    Antes molabamos máis
    Nº 173
    REIZENTOLO
    Galaxia
    O libro que tes na man loce en calquera estante e queda ben en toda composición que se prece para fotos de int...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    29,95 €

  • Sombra do aire na herba
    Titulo del libro
    Sombra do aire na herba
    Pimentel, Luís
    Galaxia
    Na colección Dombate aparece este volume, no que Galaxia recolleu unha  serie de poemas de Luís Pimentel dest...
    No disponible