María das Batallas

María das Batallas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471541147
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-114-7
Pàgines:
306
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
135
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
LITERARIA

María das Batallas conta a historia de María Pita e da defensa da cidade da Coruña fronte ao ataque das tropas de sir Francis Drake.Cunha prosa directa e ricaz, e a través da voz dos personaxes que viviron aquel tempo, Alfredo Conde traza nesta novela o puzzle brutal dos destinos que se cruzaron no cerco da Coruña.O autor de Xa vai o griffón no vento volve compartir con lectores e lectoras unha aventura inesquecible.Titulares de prensaMARIA DAS BATALLASA Coruña como esceario e María Pita como protagonista. Con tales ingredentes o resultado era previsible: Alfredo Conde ofrécenos unha das súas mellores novelas. Un narrador consagrado que en palabras de Víctor Freixanes, "segue a medrar". María Pita é un personaxe simbólico, cunha gran potencialidade en si mesma, sen embargo Conde non segue a dimensión romántica máis celebrada e, por tanto, esperable. Desce a detalles máis pragmáticos: refire os numerosísimos pleitos que sostivo  ao longo da súa vida e os intereses non sempre heroicos que a animaban, como a pretensión de ser alférez ou a de lograr de El Rei a franquicia para comerciar co vinho de Porto, cousas que non lle foron concedidas. Aínda que a figura da heroína concentre o nó da novela, Alfredo Conde non se limita a María Pita e ao seu contorno senón recupera o tempo e a época histórica con toda a complexidade de acontecementos, intrigas e situacións, con relevancia especial da Pescadería, onde se desenvolven os feitos.A habelencia narrativa de Conde déixase ver no orixinal prantexamento, na estructura da novela, na pluralidade de rexistros estilísticos e na atinada documentación que sendo fiel e obxectiva non resulta exhaustiva nin abufante. Estamos ante unha obra de ficción, non ante un ensaio. En ocasiones é dificil substraerse á tentación de utilizar aqueles datos dos que se dispoñen e que foron recabados mediante unha ardua laboura de investigación. Pero así é a arte da escrita, na que non hai números neutros: o que non suma, resta. "Arte de non escribir o que sobre...",  como ben recordou o catedrático Paz Gago ao analizar polo miúdo da obra.María das Batallas é unha novela histórica, unha aportación máis a un xénero de actualidade que ten ofrecido espléndidos resultados no caso, por exemplo, de Eco ou de Yourcenar. Mais é tamén unha novela de  intriga. O autor consegue ternos presos do desenlace desa manobra na que un exército de vinte mil homes se prepara para a invasión da cidade. Encetan a xeira con éxito notorio, xa que no primeiro día matan medio milleiro de coruñeses. A vista disto, os sitiados acordan refuxiarse na cidade alta para acorazarse e resistir. Cando os ingleses, convencidos da súa superioridade, tratan de vencer as últimas resistencias procedendo ao asalto final, xorde a figura de María Pita nun coñecido lance, que ten tanto de xenreira e de desesperación como de heroismo.A nivel estilístico atopámonos con tres  narradores, que nos permiten coñecer desde "dentro" os sucesos, o criterio e as versións dos protagonistas do drama. Dunha banda está a filla de María Pita, doutra o curmán de Francis Drake, aos que cómpre engadir o narrador omnisciente, o capitán Varela. O espírito do relato  trata de ser fiel á realidade histórica e á persoalidade de María Pita. Outramente, Conde eleva á categoría de protagonista á propia cidade, en concreto á Pescadería, lugar de confluencia que representa a puxanza económica; a forza mariñeira e popular da cidade baixa.María  das Batallas destaca tamén pola viveza dos persoaxes, cunha gran dose  de realismo e credibilidade. Relevancia especial teñen as mulleres. Mulleres recoñecidas e admiradas, como María Pita, e mulleres humildes, anónimas, que contribuíron co seu esforzo non menos heroico ao progreso e á liberdade.Xulio VarcárcelDomingo 9 de setembro de 2007El Ideal Gallego

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

  • Homes de ferro
    Titulo del libro
    Homes de ferro
    Conde Cid, Alfredo
    Ezaro editorial
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias..)

    15,00 €

  • MUSICA SACRA
    Antic
    Titulo del libro
    MUSICA SACRA
    Nº 70
    CONDE, ALFREDO
    Ediciones alfaguara
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    6,24 €

  • PEREGRINO EN INVIERNO
    Titulo del libro
    PEREGRINO EN INVIERNO
    CONDE, ALFREDO
    Edhasa
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias..)

    5,00 €

  • Azul cobalto (Gallego)
    Titulo del libro
    Azul cobalto (Gallego)
    Conde, Alfredo
    Edhasa editorial
    Bernard Cornwell nació en Londres y vivió su infancia en el sur de Essex. Después de graduarse en la Univers...
    No disponible

    22,00 €

  • Xa vai o Griffón no vento
    Titulo del libro
    Xa vai o Griffón no vento
    Conde, Alfredo
    Xerais
    Unha novela na que o escritor de Allariz se nos amosa como o escritor que albiscabamos hai tempo. Un escritor q...
    No disponible

    9,00 €

Matèria a Librerias Nobel.es

Galaxia a Librerias Nobel.es

  • Diccionario Normativo Galego-Castelán
    Titulo del libro
    Diccionario Normativo Galego-Castelán
    García Cancela, Xermán;Monteagudo, Henrique
    Galaxia
    No disponible
  • Fago cousas con tea
    Titulo del libro
    Fago cousas con tea
    Lohf, Sabine
    Galaxia
    No disponible

    6,70 €

  • OLLOS DE AUGA
    Titulo del libro
    OLLOS DE AUGA
    Nº 233
    Villar, Domingo
    Galaxia
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    21,90 €

  • O caso mais extraño do detective Marschen
    Titulo del libro
    O caso mais extraño do detective Marschen
    Nº 184
    Frias Conde, Xavier
    Galaxia
    Este libro non conta unha historia, senón moitas historias. Hainas fantásticas e outras non tanto. Poderedes ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,60 €

  • Follas novas
    Titulo del libro
    Follas novas
    Castro, Rosalía de
    Galaxia
    Intimismo e denuncia da inxustiza no libro no que Rosalía asume a voz do pobo galego. Crítica social e intimi...
    No disponible

    16,50 €