Historia das mulleres galegas

Historia das mulleres galegas

Editorial:
Baia
EAN:
9788499951270
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-9995-127-0
Páxinas:
96
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
120
Alto:
170
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
SIN COLECCION

12,70 €

IVE incluído
Comprar

Esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que  as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen protagonizaren episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma,  os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns. Toda esa grea cargou coa historia nos seus lombos. Mais as mulleres cargaron sen deixaren de atender a familia e a casa. Se cadra é por iso polo que, até non hai moito, as mulleres gaelgas, e moitas outras, mantiñan con tanto equilibrio un peso na cabeza.
 
 En 2013 corenta e oito mulleres foron asasinadas polas súas "parellas sentimentais" no reino de España. O terrorismo, en troca, deixou de ser unha preocupación para a sociedade. A violencia contra as mulleres  preocupa un 0,3 por cento. Preocupa máis a inseguridade cidadá, un 2,3; os políticos, un 3,7; os nacionalismos, un 1,7; os bancos, un 2,1; a monarquía, un 0,6; as excarcelacións, 0,5; o desemprego, un 78,5... E, loxicamente, preocupa moito máis a crise de valores, un 2,5.
 
 A documentación para esta parodia histórica foi tirada basicamente de traballos feitos por historiadoras: Textos para a historia das mulleres en Galicia, coordinado por Mª Xosé Rodríguez Galdo; Tres mulleres galegas de armas tomar. María Balteira, María Castaña, María Soliña, de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar; Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, de Tareixa Ledo Regal; O orballo da igualdade. Asociacionismo fiminino progresista na cidade da Coruña, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez; Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco; 22 documentos do feminismo galego, da Fundación Galiza Sempre.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Baia en Librerias Nobel.es

  • Economia 1ºbacharelato
    Titulo del libro
    Economia 1ºbacharelato
    Prieto-puga Fariña, Rafael
    Baia
    Este manual ten como obxectivo fundamental proporcionar aos bachaleres  os medios para comprender o funcionamen...
    No disponible

    31,00 €

  • Por tobos e tobeiras
    Titulo del libro
    Por tobos e tobeiras
    Nº 6
    ?pa?ková, Markéta
    Baia
    Sabías que o raposo é un desastre, mentres que o teixugo é moi limpo e  ata ten o seu propio baño? E que es...
    No disponible
  • Papiroflexia iniciación
    Titulo del libro
    Papiroflexia iniciación
    Palacios, Vicente
    Baia
    A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,06 €

  • Ciencias sociais 3 ESO
    Titulo del libro
    Ciencias sociais 3 ESO
    Brea Pedreira, Ana / Romero Masia, Ana
    Baia
    Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais  complementarios para a área de Cienc...
    No disponible

    Consulta a nosa
    Libraría

  • ALMA
    Titulo del libro
    ALMA
    Lorenzo Tomé, Xosé
    Baia
    Alma, obra na colección Baía Narrativa do profesor, filósofo, ensaísta  e novelista José Lorenzo Tomé, ce...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,45 €