Papiroflexia iniciación

Papiroflexia iniciación

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630080
Ano de edición:
Materia
MANUALIDADES E COLECCIONISMO
ISBN:
978-84-92630-08-0
Páxinas:
60
lingua:
GALEGO
Ancho:
70
Alto:
100
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
SIN COLECCION

11,06 €

IVE incluído
Comprar

A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura -preferentemente fixa-  dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear -evidentemente- do nada, pero si de case nada.
 
 
 
 Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo das formas; do papel, por ser algo accesible a todas e todos e de escaso valor; da súa forma cadrada preferentemente, por ser a máis simple. Servímonos só das mans para evitar o uso de instrumentos, agás en casos moi especiais. Consideramos o uso das mans como o recurso mínimo  necesario.
 
 
 
 Partindo dun mínimo de recursos, tratamos de inventar as formas máis ambiciosas: figuras con movemento, con gran realismo, con incrible complicación e perfección etc. Ao estar feitas preferentemente mediante pregaduras fixas, podemos reter os seus procesos na memoria; ou tomalos como referencias para superalos ou perfeccionalos. Desta forma podemos dicir que a arte "avanza" obxectivamente.
 
 
 
 O proceso de pregadura de cada figura móstrase mediante unha sucesión de debuxos paso a paso, os símbolos admitidos internacionalmente en papiroflexia e un texto, claro e concreto, acompañando os debuxos en cada paso. Esta exposición gráfica constitúe un idioma internacional que todas e todos podemos entender facilmente.
 
 
 
 A papiroflexia ofrece a posibilidade de gozar da imaxinación creadora,  e tamén a de reproducir e contemplar figuras que foron inventadas por  outras persoas. E isto no medio de moi variados lugares ou circunstancias: no tren, na montaña, nunha sobremesa etc. Permite así mesmo a posibilidade de regalar obxectos normalmente de pouco custo, a  quen poden aprecialos como obras do enxeño e da habilidade.
 
 
 
 En Oriente, xa desde antigo, fascinaba a contemplación dunha folla de papel coa súa perfección; e aplicaban a imaxinación e a habilidade para engadirlle novo encanto. Na actualidade, chegamos practicamente a  unha arte común a todos.
 
 
 
 O principiante precisará saber como obter un papel cadrado a partir doutras formas. Ou o de formas xeométricas regulares. Ou de diferentes  proporcións, para o que poderá necesitar de regra, escuadras, tesoira, círculo ou semicírculo graduado... Aquí empezaremos mostrando  o máis necesario.
 
 
 
 Precisará tamén observar como se prega ben ou mal unha folla, para poder así depurar a súa propia forma de pregar.
 
 
 
 Dentro do libro veremos 28 modelos de figuras ordenados polo seu grao de dificultade, moi aptas para o principiante.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • Papiroflexia colección
    Titulo del libro
    Papiroflexia colección
    Palacios Garrido, Vicente
    Salvatella
    No disponible

    12,50 €

  • Papiroflexia
    Titulo del libro
    Papiroflexia
    Palacios Garrido, Vicente
    Salvatella
    Todos podemos crear figuras sorprendentes, si bien las más comlicadas y ambiciosas parecen reservadas a los mÃ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    18,00 €

  • Papiroflexia selecta
    Titulo del libro
    Papiroflexia selecta
    Palacios Garrido, Vicente
    Salvatella
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,00 €

  • Papiroflexia fácil
    Titulo del libro
    Papiroflexia fácil
    Palacios Garrido, Vicente
    Salvatella
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    8,00 €

  • PAPIROFLEXIA INICIACIÓN
    Titulo del libro
    PAPIROFLEXIA INICIACIÓN
    PALACIOS, VICENTE
    Salvatella
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    16,00 €

Materia en Librerias Nobel.es

Baia en Librerias Nobel.es

  • Química 2ºbacharelato
    Titulo del libro
    Química 2ºbacharelato
    Dominguez Real, Manuela
    Baia
    Este libro que está dirixido ao alumnado de Segundo de Bacharelado foi  elaborado tendo en conta o Decreto que...
    No disponible

    32,24 €

  • AS FAUCES FEROCES
    Titulo del libro
    AS FAUCES FEROCES
    Nº 38
    Pedreira Lombardia, Emma
    Baia
    Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimizac...
    No disponible
  • TERRAS POLARES
    Titulo del libro
    TERRAS POLARES
    Hynes, Margaret
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.    Fotogr...
    No disponible
  • Grego bacharelato
    Titulo del libro
    Grego bacharelato
    Bertolo Ballesteros, Jose Manuel
    Baia
    O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigma...
    No disponible

    31,00 €

  • Charles Darwin
    Titulo del libro
    Charles Darwin
    Gibbons, Alan
    Baia
    En 2009, celébrase o II Centenario do nacemento de Charles Darwin. Con  tal motivo, publicamos esta orixinal o...
    No disponible