Do descontento á acción

Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821261
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-126-1
Páxinas:
256
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVE incluído

"Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza" analiza, a partir das achegas da psicoloxía social, a participación dos labregos e labregas nas mobilizacións campesiñas da década dos anos noventa. Na nosa sociedade a participación en movementos sociais e accións colectivas é unha forma habitual de facer  política. Por que e como se xeran as accións colectivas e por que chegaron a ser unha práctica tan común son preguntas centrais no libro  de Concha Fernández e Xosé Manuel Sabucedo. As distintas tradicións na análise social suxiren múltiples respostas: porque as persoas se senten agraviadas, porque teñen recursos para mobilizarse e aproveitan  as oportunidades políticas para protestar, porque construíron identidades colectivas politizadas... Non obstante, a pregunta de por que nacen os movementos sociais e accións colectivas é diferente á de por que os individuos participan. Obviamente se ninguén participa, non  hai movemento nin accións colectivas, pero tampouco o descontento compartido, por moi alto que sexa, xera automaticamente movementos de protesta. Son necesarios, ademais de recursos e oportunidades, poderosos motivos para transformar o descontento en acción. Analizar a  mobilización da acción é a cerna desta obra en que, á par dun preciso  estudo de caso das protestas campesiñas dos anos noventa, se achegan  reflexións e ferramentas analíticas absolutamente imprescindíbeis para comprendermos a acción colectiva, a participación política e a sociedade dos nosos tempos.

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Mi madriña, que paisaxe!
    Titulo del libro
    Mi madriña, que paisaxe!
    Raga, Victor
    Xerais
    Un bosque tarda centos e, ás veces, milleiros de anos en medrar, pero pode desaparecer en pouco tempo por culp...
    No disponible

    11,50 €

  • (G).(10).PAPELIÑOS 5 ANOS-1O.TRIM.*GALEGO*
    Titulo del libro
    (G).(10).PAPELIÑOS 5 ANOS-1O.TRIM.*GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    33,00 €

  • Imaxes nenez-vellez na LIX
    Titulo del libro
    Imaxes nenez-vellez na LIX
    Red Temática de Investigación "LIJMI"
    Xerais
    Este novo volume da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico...
    No disponible

    28,95 €

  • Fisterra e Costa da Morte
    Titulo del libro
    Fisterra e Costa da Morte
     
    Xerais
    No disponible

    13,60 €

  • O ANIMAL HUMANO.3 BUP XERCOM
    Antigo
    Titulo del libro
    O ANIMAL HUMANO.3 BUP XERCOM
    Oliveira Malvar, Mercedes
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    5,55 €