Do descontento á acción

Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821261
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9782-126-1
Pàgines:
256
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVA inclòs

"Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza" analiza, a partir das achegas da psicoloxía social, a participación dos labregos e labregas nas mobilizacións campesiñas da década dos anos noventa. Na nosa sociedade a participación en movementos sociais e accións colectivas é unha forma habitual de facer  política. Por que e como se xeran as accións colectivas e por que chegaron a ser unha práctica tan común son preguntas centrais no libro  de Concha Fernández e Xosé Manuel Sabucedo. As distintas tradicións na análise social suxiren múltiples respostas: porque as persoas se senten agraviadas, porque teñen recursos para mobilizarse e aproveitan  as oportunidades políticas para protestar, porque construíron identidades colectivas politizadas... Non obstante, a pregunta de por que nacen os movementos sociais e accións colectivas é diferente á de por que os individuos participan. Obviamente se ninguén participa, non  hai movemento nin accións colectivas, pero tampouco o descontento compartido, por moi alto que sexa, xera automaticamente movementos de protesta. Son necesarios, ademais de recursos e oportunidades, poderosos motivos para transformar o descontento en acción. Analizar a  mobilización da acción é a cerna desta obra en que, á par dun preciso  estudo de caso das protestas campesiñas dos anos noventa, se achegan  reflexións e ferramentas analíticas absolutamente imprescindíbeis para comprendermos a acción colectiva, a participación política e a sociedade dos nosos tempos.

Xerais a Librerias Nobel.es

  • Flanagan Blues Band
    Titulo del libro
    Flanagan Blues Band
    Martín, Andreu;Ribera, Jaume
    Xerais
    En Flanagan Blues Band o xa famoso detective Flanagan, alcume do quinceaneiro Juan Anguera, presenciará un asa...
    No disponible

    13,80 €

  • Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)
    Titulo del libro
    Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)
    Acuña Trabazo, Ana
    Xerais
    Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) analiza a «historia vivida» da literatura gale...
    No disponible

    28,50 €

  • Mutacións xenéticas
    Titulo del libro
    Mutacións xenéticas
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Hadrián vai realizar o seu bautismo de voó. Pensa que as primeiras vacacións que pasará fóra do seu país ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2006
    Titulo del libro
    Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2006
    Mosteiro García, Manuel Antón
    Xerais
    No disponible

    9,05 €

  • A casa dos Lucarios
    Titulo del libro
    A casa dos Lucarios
    Moure, Teresa
    Xerais
    Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda se...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,90 €