Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887524
Ano de edición:
Materia
DICIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-8288-752-4
Páxinas:
1328
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
230
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

15,20 €

IVE incluído

O Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega é un volume de 1328 páx. que contén 8000 entradas. Inclúe 91 cadros nos que  se sintetiza importante información gramatical e que facilitan unha consulta rápida. E o primeiro dicionario galego que ofrece exemplos reais da linguaxe xornalística, literaria e académica dos últimos vinte anos. Este dicionario parte dunha concepción novidosa respecto doutros dicionarios xa existentes, a súa base é a lingua real e as súas indicacións oriéntanse cara á utilidade práctica de todos os que empreguen o galego en calquera ámbito, falado e escrito. Nas súas entradas ofrece solucións razoadas e contrastadas coa norma académica,  cunha explicación práctica da lingua e do seu léxico. O dicionario fornece etimoloxías, sinónimos e palabras afíns, e equivalentes noutras linguas cando é pertinente. Ofrece, por primeira vez na lexicografía galega, exemplos reais de uso da linguaxe xornalística, literaria e académica. Permite orientarse sobre o uso estándar e correcto da lingua e aclara dificultades sobre o uso de neoloxismos, estranxeirismos e impropiedades léxicas. E util para solucionar dúbidas sobre a gramática e a ortografía. Resolve dificultades de pronunciación e dá información sobre cuestións de estilo (puntuación, maiúsculas, siglas, abreviaturas...). Debido a que todas as linguas mudan e é preciso conservar o seu patrimonio e entender os seus cambios e novidades, este dicionario incorpora as últimas modificacións, tanto das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego coma do Vocabulario ortográfico da lingua galega. O dicionario Galaxia de usos e dificultades axuda á corrección e bo uso da lingua e  facilítalles tamén aos usuarios unha consulta rápida e fiable, ao que  contribúen os máis de noventa cadros gramaticais situados a carón da entrada correspondente.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • Lilí quere unha paga
    Titulo del libro
    Lilí quere unha paga
    Saint Mars, Dominique de
    Galaxia
    Mentres, a súa amiga Patricia aforra como unha formiga. Anxos leva a mesma vida que unha chicharra e Berta só...
    No disponible

    6,70 €

  • Chile a la vista
    Titulo del libro
    Chile a la vista
    Blanco Amor, Eduardo
    Galaxia
    Unha serie de notas xornalísticas, recollidas durante dúas viaxes realizadas nos anos 1949 e 1950 a través d...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    26,20 €

  • Miñatos de vran
    Titulo del libro
    Miñatos de vran
    Nº 5
    Otero Pedrayo, Ramón
    Galaxia
    En 1928 estreouse na Habana a zarzuela galega Miñatos de vran (Gavilanes de verano), con libreto de Enrique Za...
    No disponible
  • Á lus do candil
    Titulo del libro
    Á lus do candil
    Fole, Anxel
    Galaxia
    A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a...
    No disponible

    18,00 €

  • Á marxe, 1994
    Titulo del libro
    Á marxe, 1994
    Casares, Carlos
    Galaxia
    Poucos escritores lograron como el tal grao de precisión, talento, eficacia, orixinalidade e vontade de estilo...
    No disponible