Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887524
Año de edición:
Materia
DICCIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-8288-752-4
Páginas:
1328
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
230
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

15,20 €

IVA incluido

O Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega é un volume de 1328 páx. que contén 8000 entradas. Inclúe 91 cadros nos que  se sintetiza importante información gramatical e que facilitan unha consulta rápida. E o primeiro dicionario galego que ofrece exemplos reais da linguaxe xornalística, literaria e académica dos últimos vinte anos. Este dicionario parte dunha concepción novidosa respecto doutros dicionarios xa existentes, a súa base é a lingua real e as súas indicacións oriéntanse cara á utilidade práctica de todos os que empreguen o galego en calquera ámbito, falado e escrito. Nas súas entradas ofrece solucións razoadas e contrastadas coa norma académica,  cunha explicación práctica da lingua e do seu léxico. O dicionario fornece etimoloxías, sinónimos e palabras afíns, e equivalentes noutras linguas cando é pertinente. Ofrece, por primeira vez na lexicografía galega, exemplos reais de uso da linguaxe xornalística, literaria e académica. Permite orientarse sobre o uso estándar e correcto da lingua e aclara dificultades sobre o uso de neoloxismos, estranxeirismos e impropiedades léxicas. E util para solucionar dúbidas sobre a gramática e a ortografía. Resolve dificultades de pronunciación e dá información sobre cuestións de estilo (puntuación, maiúsculas, siglas, abreviaturas...). Debido a que todas as linguas mudan e é preciso conservar o seu patrimonio e entender os seus cambios e novidades, este dicionario incorpora as últimas modificacións, tanto das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego coma do Vocabulario ortográfico da lingua galega. O dicionario Galaxia de usos e dificultades axuda á corrección e bo uso da lingua e  facilítalles tamén aos usuarios unha consulta rápida e fiable, ao que  contribúen os máis de noventa cadros gramaticais situados a carón da entrada correspondente.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • A FORESTA E AS ÁRBORES
    Titulo del libro
    A FORESTA E AS ÁRBORES
    Nº 2
    AA.VV
    Galaxia
    So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa...
    No disponible
  • PEREZ, HISTORIA DUN TRIUNFADOR
    Titulo del libro
    PEREZ, HISTORIA DUN TRIUNFADOR
    Nº 436
    PEROZO PORTEIRO, MARIA LLERENA
    Galaxia
    Sen afastarse nunca do sentido do humor, apelando sempre á falibilidade humana e á empatía, a autora condúc...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,40 €

  • Amigos en tempo real
    Titulo del libro
    Amigos en tempo real
    Álvarez, Ramiro J.
    Galaxia
    Antón e os seus amigos xogan na praza que hai no seu barrio. Ao outro lado do océano, en México, Gloria Mar...
    No disponible
  • Endrina e o segredo do peregrino
    Titulo del libro
    Endrina e o segredo do peregrino
    López Narváez, Concha
    Galaxia
    No disponible

    12,80 €

  • Cartas a Lelo
    Titulo del libro
    Cartas a Lelo
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    Mais Lelo se vai cos pais para o Brasil. E os dous amigos cartéanse. Balbino comeza a contarlle todo ao seu co...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,15 €