Cantigueiro de Compostela

Cantigueiro de Compostela

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788411764124
Ano de edición:
ISBN:
978-84-11-76412-4
Páxinas:
96
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
120
Alto:
160
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago

17,50 €

IVE incluído
Comprar

O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura con maiúsculas, pois todo é cultura, malia que algúns diletantes aínda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribanía que as creacións do pobo entre cantos, viños e danzas. Esta recompilación é froito tamén dunha obra colectiva. Os escolmadores beberon dos estudosos e recompiladores que os precederon, comezando polo padre Sarmiento no século XVIII e rematando con Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no século XX, pasando por Saco e Arce e Domingo Blanco. Foron eles, co seu traballo e esforzo, quen nos permitiron coñecer estas cantigas transmitidas xeración tras xeración, case sempre por mulleres, que, doutro xeito, estarían perdidas para sempre no remol do tempo. Este Cantigueiro de Compostela esta conformado por dous grupos ben diferentes de cantigas: por unha banda as recollidas en Santiago de Compostela, especialmente no lugar de Folgoso, na parroquia de Santa María de Figueiras, e, pola outra, aquelas onde se menciona á cidade, o seu santo, os seus mosteiros, de San Martiño a San Francisco, e algunhas das rúas máis senlleiras, do Vilar á Calderería, ou lugares, como Conxo e o Pico Sacro, o monte Illicinus do Códice calixtino, desde onde os peregrinos ven por vez primeira as ansiadas torres da catedral. Quen hoxe paseamos e volvemos pasear polas súas rúas lousadas quedamos  prendidos de Santiago, como o fixeron quen moito antes nos precederon  e o cantaron, como demostran o monllo de cantigas que seguen.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • Historias do páramo
    Titulo del libro
    Historias do páramo
    Nº 6
    González Rodríguez, Pablo José
    Galaxia
    Cairo é unha candorca vagabunda que vive nun páramo abatido pola violencia de bandidos, bestas e señores da ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,40 €

  • Pequeño diccionario da lingua galega
    Titulo del libro
    Pequeño diccionario da lingua galega
    REAL ACADEMIA GALEGA
    Galaxia
    No disponible

    5,95 €

  • Vou!
    Titulo del libro
    Vou!
    Nº 52
    Andrés, Elena
    Galaxia
    Xan e os seus amigos quedan todas as tardes no parque. Hoxe van xogar aos agochos e tócalle a el poñerse a bu...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,50 €

  • PITUSA SEMIFUSA E OS ESTILOS MUSICAIS
    Titulo del libro
    PITUSA SEMIFUSA E OS ESTILOS MUSICAIS
    Brañas, Olga
    Galaxia
    Pitusa Semifusa váinolos ensinar!!! Ven coñecer o blues, o reggae, o funky, o swing, o hip hop... e non ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,00 €

  • Os leopardos da lúa
    Titulo del libro
    Os leopardos da lúa
    Fonte, Ramiro
    Galaxia
    Unha cidade escura e confusa. Un tempo de cambios, voltas e reviravoltas. Daniel Linde vai intentar que se faga...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    15,00 €