Cantigueiro de Compostela

Cantigueiro de Compostela

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788411764124
Any d'edició:
ISBN:
978-84-11-76412-4
Pàgines:
96
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
120
Alt:
160
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago

17,50 €

IVA inclòs
Comprar

O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura con maiúsculas, pois todo é cultura, malia que algúns diletantes aínda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribanía que as creacións do pobo entre cantos, viños e danzas. Esta recompilación é froito tamén dunha obra colectiva. Os escolmadores beberon dos estudosos e recompiladores que os precederon, comezando polo padre Sarmiento no século XVIII e rematando con Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no século XX, pasando por Saco e Arce e Domingo Blanco. Foron eles, co seu traballo e esforzo, quen nos permitiron coñecer estas cantigas transmitidas xeración tras xeración, case sempre por mulleres, que, doutro xeito, estarían perdidas para sempre no remol do tempo. Este Cantigueiro de Compostela esta conformado por dous grupos ben diferentes de cantigas: por unha banda as recollidas en Santiago de Compostela, especialmente no lugar de Folgoso, na parroquia de Santa María de Figueiras, e, pola outra, aquelas onde se menciona á cidade, o seu santo, os seus mosteiros, de San Martiño a San Francisco, e algunhas das rúas máis senlleiras, do Vilar á Calderería, ou lugares, como Conxo e o Pico Sacro, o monte Illicinus do Códice calixtino, desde onde os peregrinos ven por vez primeira as ansiadas torres da catedral. Quen hoxe paseamos e volvemos pasear polas súas rúas lousadas quedamos  prendidos de Santiago, como o fixeron quen moito antes nos precederon  e o cantaron, como demostran o monllo de cantigas que seguen.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

Galaxia a Librerias Nobel.es

  • O segredo do humor
    Titulo del libro
    O segredo do humor
    Fernández de la Vega, Celestino
    Galaxia
    Achega fundamental do ensaio galego do século XX e referencia inescusable sobre o tema, neste libro atópase u...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    23,55 €

  • A cociña do Merlín
    Titulo del libro
    A cociña do Merlín
    Vila Pernas, Miguel
    Galaxia
    Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Alvaro Cunqueiro 2006 ¿Cal é o son do aplauso dunha soa man? ¿Co...
    No disponible
  • Guía da Arquitectura Galega
    Titulo del libro
    Guía da Arquitectura Galega
    Soraluce Blond, José Ramón
    Galaxia
    Esta guía ofrece unha nova e orixinal visión do devir histórico da arquitectura galega e da súa relación c...
    No disponible

    21,50 €

  • Obras Castelao T.II
    Titulo del libro
    Obras Castelao T.II
    Castelao
    Galaxia
    Esta coletánea de ensaios é con seguridade o libro non de ficción máis  coñecido e lido en galego. Esta ob...
    No disponible
  • Camiño bretemoso
    Titulo del libro
    Camiño bretemoso
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    A existencia dramática dun emigrante galego nas terras arxentinas da Plata e a Patagonia, narrada cunha lingua...
    No disponible

    12,75 €