As guerras.
 IBD

As guerras.. Entre a retórica e a violencia

Nº:
462
Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484877288
Ano de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-8487-728-8
Páxinas:
204
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
Ensaio

19,95 €

IVE incluído
Comprar

A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun "modelo occidental" da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo.
Este libro analiza como se "racionaliza" a guerra, defendendo a existencia
dunha vinculación íntima entre a estratexia  militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación.
A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra  vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados,  elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito.
A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón un
incremento  xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha "guerra hixiénica", que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro.
Neste libro analízase  a "guerra vivida", non só a pensada, na perspectiva
que defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicía
que o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e  non facerlle as beiras aos poderosos.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Laiovento (ibd) en Librerias Nobel.es

  • O atraso económico de Galiza -4ªEd.
     IBD
    Titulo del libro
    O atraso económico de Galiza -4ªEd.
    Xosé Manuel Beiras Torrado
    Laiovento (ibd)
    Malia o tempo transcorrido desde a súa primeira edición, o libro do profesor Xosé Manuel Beiras segue a goza...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,90 €

  • Arredor de Castelao no século XXI
     IBD
    Titulo del libro
    Arredor de Castelao no século XXI
    Nº 456
    García Negro, María Pilar
    Laiovento (ibd)
    Arredor de Castelao no século XXI é unha reedición dun clásico imprescindible, publicado orixinalmente en 2...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • O spleen de París
     IBD
    Titulo del libro
    O spleen de París
    Charles Baudelaire
    Laiovento (ibd)
    Ao percibir que o poema versificado non lle permitía alcanzar a verdadeira modernidade poética, Baudelaire in...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • O coloso de Marusi
     IBD
    Titulo del libro
    O coloso de Marusi
    Nº 1
    Miller, Henry
    Laiovento (ibd)
    Tradución do inglés de María Alonso Seisdedos.«Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mun...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707
     IBD
    Titulo del libro
    Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707
    Salvador Francisco Roel
    Laiovento (ibd)
    O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é obra de Salvador Francisco Roel. Foi representado n...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,50 €