Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707
 IBD

Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña (1707

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874577
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-8487-457-7
Páxinas:
186
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

17,50 €

IVE incluído
Comprar

O Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é obra de Salvador Francisco Roel. Foi representado na Coruña en 1707 e impreso en Compostela entre 1708 e 1712. Trátase dunha obra de teatro breve en  verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Felipe V (o futuro Luís I) no contexto histórico da Guerra de Sucesión. O exemplar foi descuberto recentemente por Julio González Montañés dentro do campo das súas investigacións sobre o teatro en Galicia dos séculos XVI ó XVIII.
A pesar da súa brevidade, o interese histórico, lingüístico e literario da obra é extraordinario, dado que se trata do primeiro libro impreso en galego coñecido, o que retrotrae en cen anos a aparición da obra impresa en galego. Este dato cronolóxico por si só xa supón a necesidade dunha reformulación historiográfica dos denominados Séculos Escuros. Ademais  de ramo momentáneo de outras importantes exhumacións do XVIII, o Entremés de Roel resulta unha peza clave para establecer unha especie de tradición literaria, aínda que feble, no campo do teatro galego durante este período.
Escrita nun galego rico e coidado, é unha obra que cómpre situar no contexto propagandístico do teatro e festas felipistas da Galicia de 1707, pero non exenta tampouco de certas críticas e do humor inherente ó xénero. Os seus valores históricos, lingüísticos e literarios son abordados aquí respectivamente por Julio  González Montañés, Ramón Mariño Paz e Anxo Angueira.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Laiovento (ibd) en Librerias Nobel.es

  • Domingo e outras historias
     IBD
    Titulo del libro
    Domingo e outras historias
    Nº 4
    NÉMIROVSKY, IRÈNE
    Laiovento (ibd)
    Domingo e outras historias, de Irène Némirovsky achéganos relatos escritos entre 1932 e 1942, anos previos ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €

  • Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus
     IBD
    Titulo del libro
    Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus
    Isabel Rodríguez Mate
    Laiovento (ibd)
    Neste ensaio analízase a repercusión da perpetuación dos valores morais da Igrexa católica na discriminaci...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €

  • Alborada de Edipo
     IBD
    Titulo del libro
    Alborada de Edipo
    Xesús Pisón Villapol
    Laiovento (ibd)
    Alborada de Edipo comeza explorando as orixes do teatro e vai dar, por  fado ou magnetismo, ao misterio de Edip...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • A ROTA DO SOL. Unha mirada no que pasa
     IBD
    Titulo del libro
    A ROTA DO SOL. Unha mirada no que pasa
    CAMILO NOGUEIRA ROMÁN
    Laiovento (ibd)
    A rota do sol. Unha mirada no que pasa trata do estado da cuestión nacional galega e do mundo neste tempo de c...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €

  • Gramática histórica galega I. Fonética e Morfosintaxe
     IBD
    Titulo del libro
    Gramática histórica galega I. Fonética e Morfosintaxe
    Manuel Ferreiro Fernández
    Laiovento (ibd)
    O lector ten nas súas mans unha obra que cobre un espazo no panorama editorial galego que desde hai xa ben tem...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    34,95 €