A memoria de Santiago

A memoria de Santiago

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025765
ISBN:
978-84-8302-576-5
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

82,40 €

IVE incluído

O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, pertencentes todas elas á colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade urbana de Compostela neses tempos: dende a reticulación urbana e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. Nos anos do noso percorrido a vida social (ilustrada no traballo de Baldomero Cores Trasmonte, "Minerva de Occidente") da cidade xira, esencialmente, entorno a dúas realidades sociais contradictorias: relixión e cultura. As actividades sociais e de feito  económico da relixión parten da realidade das pelerinaxes e Festas do  Apóstolo (Catedral) ou da formación (fábrica) de curas, monxes e frades (seminarios e conventos). Noutro extremo o feito cultural (ilustrado polo traballo de Miguel Anxo Seixas Seoane, A capital do Santo Iago) organízase entorno aos aspectos formativos relacionados coas Facultades e Centros de Ensino. Mesmo se nos tempos do noso estudio a Universidade oficial non é un exemplo de evolución e progreso o feito da presencia de miles de estudiantes vai configurar gran parte da vida social e cultural. A maiores, a cidade, xa considerada como capital de Galicia, vai vivir grandes momentos creativos fundamentados entorno ao galeguismo nos aspecto culturais e políticos: dende a creación das Irmandades da Fala, o Partido Galeguista ou a Asemblea de Municipios ata o Seminario de Estudios Galegos, a Imprenta Nós ou a Biblioteca das Américas.A definición da cidade, a maiores do aspectos urbanísticos, relixiosos, culturais, políticos..., chama a capítulo ao máximo expoñente e autor da súa creación, o morteiro e animador (etimoloxicamente «dar alma, dar vida»), o traballador individual recoñecido no ser colectivo de pobo. Dende os fundamentos canteiros, ferreiros, carpinteiros... deron vida á materia: moldearon a pedra, os metais, a madeira.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • A memoria de Tui
    Titulo del libro
    A memoria de Tui
    Díaz Martínez, Carlos;Cameselle, Roque
    Xerais
    Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX....
    No disponible

    9,90 €

  • 60.MAO TIANG PELOS TIESOS.(JUEGOS LECTURA)
    Titulo del libro
    60.MAO TIANG PELOS TIESOS.(JUEGOS LECTURA)
    Quintanal Díaz, José / Trapiello Martínez, Carlos / Valdés González, Luis Horacio.
    Bruño
    No disponible

    7,00 €

  • Xesus ferro couselo
    Titulo del libro
    Xesus ferro couselo
    Senen, Felipe / Diaz Martinez, Carlos
    Espiral maior, s.l.
    No disponible
  • A memoria de Ourense
    Titulo del libro
    A memoria de Ourense
    Diaz Martinez, Carlos / Ed. Lit.
    Xerais
    A Memoria de Ourense é a terceira entrega dos albums de postais que Xerais ven publicando nos últimos anos. D...
    No disponible

    74,20 €

  • A memoria de Mondariz-Balneario
    Titulo del libro
    A memoria de Mondariz-Balneario
    Díaz Martínez, Carlos;Bragado Rodríguez, Manuel;Álvarez Limeses, Xerardo
    Xerais
    O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle ca...
    No disponible

    9,90 €

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Amor de perdición
    Titulo del libro
    Amor de perdición
    Castelo Branco, Camilo
    Xerais
    No disponible

    7,50 €

  • A expedición do Pacífico
    Titulo del libro
    A expedición do Pacífico
    Jiménez Aleixandre, María Pilar
    Xerais
    No disponible

    9,80 €

  • O meu avó é unha gata
    Titulo del libro
    O meu avó é unha gata
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Marciana pensa que o seu avó toleou: atopouno facendo buratos nas paredes, miañando e gateando. ¿Será ese o...
    No disponible

    3,05 €

  • Mar de bronce
    Titulo del libro
    Mar de bronce
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    Anxo Gorospe, o Ghalerna, decide comezar a escribir unha novela que recolla a memoria de Rilo do Mar, a vila qu...
    No disponible

    20,50 €

  • Dereito Parlamentario de Galicia
    Titulo del libro
    Dereito Parlamentario de Galicia
    Sarmiento Méndez, Xosé Antón
    Xerais
    Dereito Parlamentario de Galicia vén cubrir un baleiro importante no tratamento dogmático do ordenamento xur...
    No disponible

    26,30 €