A memoria de Mondariz-Balneario

A memoria de Mondariz-Balneario

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820233
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-023-3
Páxinas:
96
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

9,90 €

IVE incluído

O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume  que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet,  Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral. A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Alvarez Limeses, extraído da "Geografía General del reino de Galicia",  editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, así como escenas costumistas de carácter rural. Destaca, tamén, no volume a reproducción de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, así como a  dun acción do capital de fundación da Compañía Anónima Tranvía de Mondariz a Vigo de 1915.

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Coa man esquerda
    Titulo del libro
    Coa man esquerda
    Quiroga, Xabier
    Xerais
    En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,95 €

  • NIETZSCHE.TEXTOS FILOSOFIA COU XERFIL
    Titulo del libro
    NIETZSCHE.TEXTOS FILOSOFIA COU XERFIL
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    No disponible

    4,75 €

  • Selva negra
    Titulo del libro
    Selva negra
    Suárez Abel, Miguel
    Xerais
    O volume ábrese con " A Alemana " , no que Suárez Abel servíndose habilmente do monólgo i...
    No disponible

    13,10 €

  • Tránsito dos gramáticos
    Titulo del libro
    Tránsito dos gramáticos
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Fóra da rúa principal a Alxama era un fedorento dédalo de quellas envoltas na tebra, nas que cabía escoller...
    No disponible

    13,35 €

  • Dame a man
    Titulo del libro
    Dame a man
    Calleja, Seve
    Xerais
    Todo é novo para Eméno: os bicos, os olores; o idioma. Veu dende Africa para curarse e coñecer a súa nova f...
    No disponible

    6,60 €