A memoria de Mondariz-Balneario

A memoria de Mondariz-Balneario

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820233
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9782-023-3
Pàgines:
96
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
ALBUM DE POSTAIS

9,90 €

IVA inclòs

O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume  que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet,  Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral. A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Alvarez Limeses, extraído da "Geografía General del reino de Galicia",  editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, así como escenas costumistas de carácter rural. Destaca, tamén, no volume a reproducción de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, así como a  dun acción do capital de fundación da Compañía Anónima Tranvía de Mondariz a Vigo de 1915.

Xerais a Librerias Nobel.es

  • 724
    Titulo del libro
    724
    Constela Doce, Xesús
    Xerais
    Cun enorme poder metafórico, 15.724, unha magnífica novela de Xesús Constela, trasládanos a unha Patria «a...
    No disponible
  • Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa
    Titulo del libro
    Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa
    Fernández Rei, Francisco
    Xerais
    Ramón Cabanillas, o «poeta arelado», é o centro de case todos os textos deste libro do profesor Francisco F...
    No disponible

    28,95 €

  • A gata gala
    Titulo del libro
    A gata gala
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    4,10 €

  • NOVO XARDÍN DAS LETRAS LER 1
    Titulo del libro
    NOVO XARDÍN DAS LETRAS LER 1
    AA.VV
    Xerais
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,80 €

  • O bebedor de rakia
    Titulo del libro
    O bebedor de rakia
    Marcos López, Xesús Manuel
    Xerais
    Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alb...
    No disponible