A casa dos encontros

A casa dos encontros

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482889511
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-8288-951-1
lingua:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
BIBLIOTECA COMPOSTELA/LITERARIA

22,30 €

IVE incluído
Comprar

Editorial Galaxia, en colaboracion coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, inicia con esta novela a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, na que se van publicar as novidades literarias máis salientables das literaturas europeas contemporáneas ao mesmo tempo que se publican no resto de Europa. A Biblioteca Compostela recrea dese xeito o símbolo da cidade de Santiago como porta de entrada da cultura europea en Galicia. Martin Amis conta en A casa dos  encontros o triángulo amoroso no que, ao longo de case unha década, se ven implicados unha rapaza xudía e dous irmáns recluídos nun campo de traballo preto do Círculo Polar Artico. Na Unión Soviética, a mediados do século XX, as mulleres chegaban a atravesar distancias tan  grandes coma continentes coa esperanza de pasar unha noite cos seus homes, confinados en campos de concentracion, os gulags. A cabana reservada para esas citas chamábanlle "a casa dos encontros". A través  dun dos seus protagonistas que, xa vello, lle conta á súa filla a historia daqueles anos terribles e inmisericordes, Amis recrea unha parte fundamental da recente historia europea nun tour de force no que  a voz do narrador acada a intensidade e a dureza dos acontecementos que narra. A obra narrativa de Amis retorna a unha das súas preocupacións centrais: a natureza da masculinidade e a relación entre  a sexualidade masculina e a violencia. A voz narradora de A casa dos encontros forza ao lector a tomar partido, a situarse perante o que a novela conta, a aceptalo ou a rexeitalo, co que a lectura se converte nun proceso aberto, de intercambio activo entre texto e lector. A descuberta dun territorio narrativo novo leva a Martin Amis a moverse con especial habilidade no cumio do oficio de escritor.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • Os arriscados
    Titulo del libro
    Os arriscados
    Mouriño, Miguel Anxo
    Galaxia
    Se queres formar parte dun clube de amigos, velaquí tes un ben interesante. Para formar parte da banda dos Arr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,20 €

  • O misterio de Portomarín
    Titulo del libro
    O misterio de Portomarín
    Nº 212
    Yáñez Rodríguez, Antía
    Galaxia
    Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio  que todos coidaban esquecido... como a ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,40 €

  • As tres columnas
    Titulo del libro
    As tres columnas
    Torres, Sabino
    Galaxia
    Sabino Torres, o editor da mítica colección Benito Soto, recrea un tempo de mocidade que corresponde a toda u...
    No disponible
  • Antoloxía poética
    Titulo del libro
    Antoloxía poética
    Novoneyra, Uxío
    Galaxia
    Desde os poemas da terra á poesía comprometida, da obra caligráfica ás  elexías e a poesía amorosa, esta ...
    No disponible

    10,00 €

  • OUTRO LADO DA MUSICA, O
    Titulo del libro
    OUTRO LADO DA MUSICA, O
    Nº 111
    VILLALTA, LUIS
    Galaxia
    O outro lado da música, a poesía publicouse nos solpores dos anos noventa abeirado polo contexto da escrita p...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,55 €