A casa dos encontros

A casa dos encontros

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482889511
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-8288-951-1
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
BIBLIOTECA COMPOSTELA/LITERARIA

22,30 €

IVA incluido
Comprar

Editorial Galaxia, en colaboracion coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, inicia con esta novela a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, na que se van publicar as novidades literarias máis salientables das literaturas europeas contemporáneas ao mesmo tempo que se publican no resto de Europa. A Biblioteca Compostela recrea dese xeito o símbolo da cidade de Santiago como porta de entrada da cultura europea en Galicia. Martin Amis conta en A casa dos  encontros o triángulo amoroso no que, ao longo de case unha década, se ven implicados unha rapaza xudía e dous irmáns recluídos nun campo de traballo preto do Círculo Polar Artico. Na Unión Soviética, a mediados do século XX, as mulleres chegaban a atravesar distancias tan  grandes coma continentes coa esperanza de pasar unha noite cos seus homes, confinados en campos de concentracion, os gulags. A cabana reservada para esas citas chamábanlle "a casa dos encontros". A través  dun dos seus protagonistas que, xa vello, lle conta á súa filla a historia daqueles anos terribles e inmisericordes, Amis recrea unha parte fundamental da recente historia europea nun tour de force no que  a voz do narrador acada a intensidade e a dureza dos acontecementos que narra. A obra narrativa de Amis retorna a unha das súas preocupacións centrais: a natureza da masculinidade e a relación entre  a sexualidade masculina e a violencia. A voz narradora de A casa dos encontros forza ao lector a tomar partido, a situarse perante o que a novela conta, a aceptalo ou a rexeitalo, co que a lectura se converte nun proceso aberto, de intercambio activo entre texto e lector. A descuberta dun territorio narrativo novo leva a Martin Amis a moverse con especial habilidade no cumio do oficio de escritor.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

  • Experiència
    Titulo del libro
    Experiència
    Martin Amis
    Edicions 62
    No disponible
  • EL ROCE DEL TIEMPO
    Titulo del libro
    EL ROCE DEL TIEMPO
    Nº 528
    Amis, Martin
    Anagrama
    Martin Amis cronista y ensayista. Este volumen recoge textos sobre temas muy diversos unidos por la sagacidad d...
    No disponible
  • LA INVASION DE LOS MARCIANITOS
    Titulo del libro
    LA INVASION DE LOS MARCIANITOS
    AMIS, MARTIN
    Malpaso
    A principios de los años ochenta, Martin Amis, como millones de personas de todo el mundo, cayó en la adicciÃ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    17,50 €

  • Perro callejero
    Titulo del libro
    Perro callejero
    Amis, Martin
    Anagrama
    No disponible

    11,90 €

  • Desde dentro
    Titulo del libro
    Desde dentro
    Nº 1067
    Amis, Martin
    Anagrama
    Un libro ambicioso y deslumbrante que mezcla vida y literatura, novela  y memorias, ensayo y narración. Martin...
    No disponible

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • Fisterras atlánticas
    Titulo del libro
    Fisterras atlánticas
    Lamas, Santiago
    Galaxia
    GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN...
    No disponible
  • Historia da literatura galega contemporánea
    Titulo del libro
    Historia da literatura galega contemporánea
    Nº 137
    Carballo Calero, Ricardo
    Galaxia
    Día das letras galegas 2020 Entre 1808 e 1936, datas decisivas da historia peninsular e, polo tanto, da h...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    42,00 €

  • Diccionario de sinónimos da lingua galega
    Titulo del libro
    Diccionario de sinónimos da lingua galega
    Benavente Jareño, Pedro;Noia Campos, María Camino
    Galaxia
    Aquí recóllense moitos termos da lingua que quedaron asignados a unha comarca ou a un pequeno territorio e qu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    31,60 €

  • Chan, a pantasma
    Titulo del libro
    Chan, a pantasma
    Landa, Mariasun
    Galaxia
    Chan está tristeiro. Agarda sobre unha farola a que a súa amiga Menchu  saia da Mansión da Xente Rara, onde ...
    No disponible
  • COMPOSTELA, POLA FLORIDA
    Titulo del libro
    COMPOSTELA, POLA FLORIDA
    FERNANDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,90 €