Ten o seu punto a fresca rosa

Ten o seu punto a fresca rosa

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025338
ISBN:
978-84-8302-533-8
Páginas:
296
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,65 €

IVA incluido

En Ten o seu punto a fresca rosa, María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecéndonos unha obra dunha narratividade trepidante que se le dunha sentada. Novela divertida e desconcertante está construída como un grande friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan sabiamente a historia de tres mulleres:  Lucía Castro, Charo Santoro e Petra Seixo. Historia das súas vidas e das súas familias, das súas orixes, que viven entrelazadas polo amor e  pola morte. As tres protagonistas da novela Lucía, Charo e Petra son tres persoas de diferente clase social, de diferente adscrición urbana, de diferente formación, mesmo de diferente opción sexual, unidas pola figura de María, a adolescente desgraciada. Son tres personaxes complexos, verosímiles, cheos de contradiccións, sobre os que unha narradora omnisciente non se deixa levar nin pola complaciencia, nin o sentimentalismo. Ten o seu punto a fresca, título  tirado dun verso de Eduardo Pondal, non é só a historias destas tres mulleres que se entrecruzan por medio dun ser humano concibido por fecundación in vitro. Esta é unha novela na que se cuestiona o amor, por riba da opción sexual elixida por cada persoa, concibido como obxectalización, que leva á catástrofe, os trastornos que arrasan a vida das persoas, pola asunción da privacidade como territorio exclusivo das mulleres, pola pérdida da súa identidade. Ten o seu punto a fresca rosa é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén, cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxenética, os problemas do internamento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revolucionarios do Vigo dos setenta e o papel  dalgúns párrocos, nin a formación do movemento feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa democracia.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

  • Amor de tango
    Titulo del libro
    Amor de tango
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    No disponible

    9,32 €

  • Racionalismo político e literario
    Titulo del libro
    Racionalismo político e literario
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Neste volume ensaístico María Xosé Queizán pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na c...
    No disponible

    14,50 €

  • A boneca de Blanco Amor
    Titulo del libro
    A boneca de Blanco Amor
    Nº 332
    Queizán, María Xosé
    Galaxia
    A boneca que dá título ao libro, e que tamén é a xénese do texto, viaxa de Punta Arenas, en Chile, ao pazo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,15 €

  • Antígona, a forza do sangue
    Titulo del libro
    Antígona, a forza do sangue
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    No disponible

    6,25 €

  • Cólera
    Titulo del libro
    Cólera
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde...
    No disponible

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Ti non xogas!
    Titulo del libro
    Ti non xogas!
    Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un  sol radiante. Pero Suso, en vez de est...
    No disponible
  • Roberto Blanco Torres (1891-1936)
    Titulo del libro
    Roberto Blanco Torres (1891-1936)
    Fernández del Riego, Francisco;Núñez Seixas, X. M.;Rodríguez Fer, Claudio;Valcárcel, Marcos
    Xerais
    No disponible

    48,45 €

  • OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    Titulo del libro
    OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    Nº 74
    Cortizas, Antón
    Xerais
    Lino sufriu un ataque de poliomielite e por iso non puido ser mariñeiro. Pero o mar soñado será o escenario ...
    No disponible
  • LECTURAS DE NOS.INTRODUCCION LITERATURA GALEGA XER
    Titulo del libro
    LECTURAS DE NOS.INTRODUCCION LITERATURA GALEGA XER
    Gutiérrez Izquierdo, Ramón
    Xerais
    Este libro está pensado como unha primeira guía para o coñecemento daliteratura galega. Pretende un acercame...
    No disponible

    30,50 €

  • A casa da duna
    Titulo del libro
    A casa da duna
    Alonso, Fran;González Vicente, Manuel
    Xerais
    A casa da duna é un libro que nace dunha intensa comuñón entre texto e  fotografía ao longo dun proceso de ...
    No disponible

    15,25 €