Ten o seu punto a fresca rosa

Ten o seu punto a fresca rosa

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025338
ISBN:
978-84-8302-533-8
Pàgines:
296
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
NARRATIVA

16,65 €

IVA inclòs

En Ten o seu punto a fresca rosa, María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecéndonos unha obra dunha narratividade trepidante que se le dunha sentada. Novela divertida e desconcertante está construída como un grande friso do Vigo dos anos setenta e oitenta, no que se entrecruzan sabiamente a historia de tres mulleres:  Lucía Castro, Charo Santoro e Petra Seixo. Historia das súas vidas e das súas familias, das súas orixes, que viven entrelazadas polo amor e  pola morte. As tres protagonistas da novela Lucía, Charo e Petra son tres persoas de diferente clase social, de diferente adscrición urbana, de diferente formación, mesmo de diferente opción sexual, unidas pola figura de María, a adolescente desgraciada. Son tres personaxes complexos, verosímiles, cheos de contradiccións, sobre os que unha narradora omnisciente non se deixa levar nin pola complaciencia, nin o sentimentalismo. Ten o seu punto a fresca, título  tirado dun verso de Eduardo Pondal, non é só a historias destas tres mulleres que se entrecruzan por medio dun ser humano concibido por fecundación in vitro. Esta é unha novela na que se cuestiona o amor, por riba da opción sexual elixida por cada persoa, concibido como obxectalización, que leva á catástrofe, os trastornos que arrasan a vida das persoas, pola asunción da privacidade como territorio exclusivo das mulleres, pola pérdida da súa identidade. Ten o seu punto a fresca rosa é un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto tradicional de maternidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén, cuestións como a perversidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxenética, os problemas do internamento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revolucionarios do Vigo dos setenta e o papel  dalgúns párrocos, nin a formación do movemento feminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa democracia.

Altres llibres de l'autor a Librerias Nobel.es

Xerais a Librerias Nobel.es

  • ¡Sentinela alerta!
    Titulo del libro
    ¡Sentinela alerta!
    Queizán Vilas, María Xosé
    Xerais
    O Licenciado prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afan...
    No disponible

    14,00 €

  • Polas inmensas e alleas fortunas
    Titulo del libro
    Polas inmensas e alleas fortunas
    Caveiro, Laura
    Xerais
    Rasquei a caluga mentres ollaba as seductoras pernas dunha minisaieira  ben acompañada. Unha moi mantida traba...
    No disponible

    10,70 €

  • O patadón
    Titulo del libro
    O patadón
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    Un grandullón quítalle o balón a uns nenos e dálle un gran patadón. E alí vai o balón disparado contra o...
    No disponible

    9,95 €

  • (g).amor de tango.(narrativa)
    Titulo del libro
    (g).amor de tango.(narrativa)
    Queizan, Maria Xose
    Xerais
    No disponible
  • A banda sen futuro
    Titulo del libro
    A banda sen futuro
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu in...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €