A cociña de Larpeiros con mandil. 150 receitas de Benigno Campos

A cociña de Larpeiros con mandil. 150 receitas de Benigno Campos

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652383
Materia
GASTRONOMIA
ISBN:
978-84-9865-238-3
Páginas:
176
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
200
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

25,00 €

IVA incluido

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro  A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o  barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os  sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os  receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis  que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do  Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

  • peixes e mariscos
    Titulo del libro
    peixes e mariscos
    Campos, Benigno
    Galaxia
    Partindo dos saberes populares de cociña do mar en Galicia, Benigno Campos seleciona 150 das súas receitas mÃ...
    No disponible

    20,50 €

  • La cocina de Benigno Campos. ¿Qué vamos a comer hoy?
    Titulo del libro
    La cocina de Benigno Campos. ¿Qué vamos a comer hoy?
    Benigno Campos Melón
    Everest
    No disponible

    19,95 €

  • Cociñando con Benigno Campos
    Titulo del libro
    Cociñando con Benigno Campos
    Campos Melón, Benigno
    Galaxia
    Novo libro de receitas do cociñeiro do programa LARPEIROS da Televisión de Galicia, Benigno Campos. Desta vol...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,60 €

  • Novas receitas da cociña de Larpeiros + CD
    Titulo del libro
    Novas receitas da cociña de Larpeiros + CD
    Campos, Benigno
    Galaxia
    Despois do extraordinario éxito do seu primeiro libro, Benigno Campos presenta as NOVAS RECEITAS DA COCIÑA DE...
    No disponible

    20,00 €

  • A cociña de Larpeiros. 150 receitas
    Titulo del libro
    A cociña de Larpeiros. 150 receitas
    Campos Melón, Benigno
    Galaxia
    A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 rec...
    No disponible

    22,60 €

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • O mellor francés de Barcelona
    Titulo del libro
    O mellor francés de Barcelona
    Iglesias, Bieito
    Galaxia
    Premio da Crítica de Galicia, 1999. O desexo de escapar dun mesmo e da  grisalla cotiá, de ser outro e de viv...
    No disponible
  • TENRURA
    Titulo del libro
    TENRURA
    Cortizas Amado, Antón
    Galaxia
    Con ?Tenrura? arranca a colección ?Libros para compartir? ?Tenrura? cóntanos a historia dunha nena que vai te...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,30 €

  • Tres vidas
    Titulo del libro
    Tres vidas
    Stein, Gertrude
    Galaxia
    "Esta novela é ante todo a descuberta dunha nova linguaxe, dun "tempo"  fantástico do relate que tende a se c...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,90 €

  • ¿Sodes vós os Reis Magos?
    Titulo del libro
    ¿Sodes vós os Reis Magos?
    Abril, Paco
    Galaxia
    No disponible

    5,20 €

  • Lingua guapa. Cantos que contan...
    Titulo del libro
    Lingua guapa. Cantos que contan...
    Nº 40
    Casalderrey, Fina
    Galaxia
    Teño unha lingua moi longa con quilómetros de historia. Leva palabras de azucre que aturuxan na memoria. ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,00 €