A cociña de Larpeiros. 150 receitas

A cociña de Larpeiros. 150 receitas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652024
Año de edición:
Materia
GASTRONOMIA
ISBN:
978-84-9865-202-4
Páginas:
180
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
200
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

22,60 €

IVA incluido

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro  A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o  barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os  sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os  receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis  que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do  Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.
 Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da  Televisión de Galicia, "Larpeiros".

Otros libros del autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • O peizoque Roque
    Titulo del libro
    O peizoque Roque
    Tembrás Campos, Dores
    Galaxia
    O peizoque Roque pescuda palabras polo bosque. Palabras que saben, que  abrigan, que recenden. Verbas de luz e ...
    No disponible

    10,20 €

  • As filloas de Manola (Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado 2022)
    Titulo del libro
    As filloas de Manola (Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado 2022)
    Nº 42
    Peralta, R. J.
    Galaxia
    Chovía a cachón, e as nubes eran tan negras que non deixaban pasar o sol. Ía un frío que metía medo, e a a...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,00 €

  • Un fillo
    Titulo del libro
    Un fillo
    Nº 119
    Palomas, Alejandro
    Galaxia
    Este libro conta a historia de Guille, un neno riseiro, introvertido, imaxinativo e aparentemente feliz. P...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,30 €

  • Murguía
    Titulo del libro
    Murguía
    Barreiro Fernández, Xosé Ramón
    Galaxia
    GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    40,00 €

  • OS BICOS FERIDOS
    Titulo del libro
    OS BICOS FERIDOS
    Nº 377
    R. Figueiredo, Anna
    Galaxia
    Premio Viadutos de Novela 2018 Ninguén fai unha carreira para limpar inodoros. Olivia, despois dun expedi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    24,40 €