VIAXE DO CASTREXO, A

VIAXE DO CASTREXO, A

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788411760584
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-11-76058-4
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
LITERARIA

25,50 €

IVE incluído
Comprar

A viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal. O protagonista, un noviño e humilde pescador, despois de ser condenado a morte inxustamente, consegue escapar do poboado. Na súa fuxida, tras múltiples avatares, chega ata o territorio da tribo dos brácaros, onde se ve inmerso nos enfrontamentos coas lexións  romanas que, comandadas polo cónsul Décimo Xunio Bruto, chegaron a estas terras desde o sur do río Douro coa intención de conquistalas. Este libro é a historia dunha viaxe, tanto no espazo xeográfico coma no interior, do protagonista, un canto á perseveranza, á tenacidade, á forza de vontade, á amizade e ao amor. E todo adubado co  choque de culturas que supuxeron os primeiros encontros entre os conquistadores romanos e os pobos castrexos do noroeste da Península Ibérica.

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es