Trinta e dous dentes

Trinta e dous dentes

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471540003
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-000-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Finalista Premio Torrente Ballester 2006Sen causa aparente, o autor e director teatral Paulo Barreiro acorda unha mañá convertido nun cativo  de dez ou once anos. Así comeza a nova achega narrativa de Xabier López López na que, baixo o revestimento dunha novela picaresca e de iniciación, atopamos unha narración chea de sorpresas, entretecida con  mitos e homenaxes literarias. Finalista do Premio Torrente Ballester 2006, Trinta e dous dentes xoga coas ideas de aparencia e identidade para trazar unha metáfora sobre a minoría de idade imposta a individuos, culturas e sociedades.Titulares de prensaTRINTA E DOUS DENTESUnha novela de case trescentas páxinas corre o risco nestes tempos de converterse, como se di popularmente, nun ladrillo. En cambio, o lector que se achegue a Trinta e dous dentes, de Xabier López López (Bergondo, 1974), non deixará o libro ata o final, porque o autor consegue artillar unha historia con gancho e intriga.O protagonista, Paulo Barreiro, é un director teatral divorciado que unha noite metese na cama e "unha fría e luminosa mañá de outono", sen  unha razón comprensible, esperta co tamaño dun neno de once ou doce anos, pero cos 32 dentes dun adulto na súa boca. De aí en diante, Xabier López, finalista do Premio Torrente Ballester (2006), relátanos  as aventuras dun rapaz que pensa e fala como o home groso e trouleiro  que foi.Polas páxinas transitan seres fracasados, marxinais, febles resentidos, burócratas indiferentes, triunfadores e ambiciosos. Pero tamén avariciosos, ruíns e moralistas. Todos representantes de distintos estratos dunha sociedade na que aínda predomina a figura do encerro (hospicio da Xunta, internado do colexio e casa luxosa, pero afastada da cidade) fronte ao concepto de control, máis propio dunha sociedade dixital.Tres referencias principais da literatura mundial resoan no trasfondo desta historia: Gregor Samsa, protagonista da Metamorfosis, de Kafka; El increíble hombre menguante, de Jack Arnold,  ou Gulliver (J.Swift). Pero o autor tamén rende homenaxe a outros moitos escritores clásicos, modernos e contemporáneos.Aínda que talvez  é un pouco reiterativo nas descricións dos personaxes e das situacións, e incluso se recrea excesivamente nas escenas da relación erótico-sadomasoquista que manteñen os pais putativos do protagonista,  na que tamén se acaba metendo, aínda que dun xeito clandestino, Xabier López debuxa un pequeno retablo no que se mesturan a sátira humorística e corrosiva cunha reflexión sobre a nosa sociedade. Con todo, unha pregunta: ¿non son demasiados dentes para tan pouca codia?Gonzalo TrasbachSábado 28 de xullo de 2007La Voz de Galicia. Culturas

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • (11).LINGUA GALEGA E LITERATURA 3ºESO
    Titulo del libro
    (11).LINGUA GALEGA E LITERATURA 3ºESO
    Álvarez Villar, Noemí;Álvarez Cid, Xabier;Domínguez Portela, Soraya;López Sández, María;Pena Presas, Montse;Valverde Otero, Alberte;Vilavedra Fernánde
    Galaxia
    GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es' ); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978...
    No disponible

    Consulta a nosa
    Libraría

  • A vida que nos mata
    Titulo del libro
    A vida que nos mata
    López López, Xabier
    Galaxia
    Premio de Novela Manuel García Barros, 2003. A novela iníciase no balneario de Mondariz, onde se vai celebrar...
    No disponible
  • Biff, bang, pow!
    Titulo del libro
    Biff, bang, pow!
    López López, Xabier
    Sotelo blanco
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    8,27 €

  • Olympia Ring, 1934
    Titulo del libro
    Olympia Ring, 1934
    López López, Xabier
    Gregal
    Otoño de 1934. Barcelona. Mientras la ciudad se recupera de la frustrada proclamación del Estado Catalán, lo...
    No disponible

    17,00 €

  • Cancodrilo na horta
    Titulo del libro
    Cancodrilo na horta
    Nº 2
    López, Xabier
    Linteo
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    10,90 €

Materia en Librerias Nobel.es

  • El novelino
    Titulo del libro
    El novelino
    Nº L135
    AA.VV
    Alianza
    Colección de cuentos redactados en dialecto toscano a finales del siglo XIII, "El Novelino" se distingue por l...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • Odisea
    Titulo del libro
    Odisea
    Homero
    Penguin clasicos
    Los mejores libros jamás escritos El viaje de Ulises se ha convertido en un mito universal y la Odisea en una ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    12,95 €

  • POESÍA SIN FIN
    Titulo del libro
    POESÍA SIN FIN
    Nº 4
    Jodorowsky Alejandro
    Hucananamo, s.l.
    La poesía es la columna vertebral no sólo de la obra de Alejandro Jodorowsky sino también de su vida. Sus po...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    22,00 €

  • O ROMANCE DA MÚMIA
    Titulo del libro
    O ROMANCE DA MÚMIA
    GAUTIER, THÉOPHILE
    Zefiro ediÇoes
    O Faraó ama Tahoser que, por sua vez, ama Poeri. É no seu regresso da Etiópia que o Faraó se confronta com ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    7,36 €

  • Salarios del impío
    Titulo del libro
    Salarios del impío
    Gelman, Juan
    Visor editorial
    Juan. Gelman, nacio en Buenos Aires (1930) en el seno de una familia de judíos. rusos, está considerado como ...
    No disponible

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro. 1946-1949
    Titulo del libro
    Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro. 1946-1949
    Dasilva Fernández, Xosé Manuel
    Galaxia
    Recóllense neste volume a causa xudicial e o expediente penal, onde figuran os avatares máis destacados do se...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    30,50 €

  • (g).a nos cinza.(biblioteca xavier alcala)
    Titulo del libro
    (g).a nos cinza.(biblioteca xavier alcala)
    Alcala, Xavier
    Galaxia
    Unha das obras máis populares da narrativa galega é "A nosa cinza". Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) relemb...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,00 €

  • Feitizo de sangue
    Titulo del libro
    Feitizo de sangue
    Nº 2
    Gónzalez Panizo, Sabela
    Galaxia
    Mentres a malvada man que pretende facerse co control do reino segue xuntando as partes da Pedra da Lúa grazas...
    No disponible
  • As ruínas de Europa
    Titulo del libro
    As ruínas de Europa
    Nº 69
    Xestoso González, Manuel
    Galaxia
    En Europa vai frío e, así e todo, a través dela flúe o río do desexo.  A poesía de Manuel Xesto...
    No disponible
  • Flores de ferro
    Titulo del libro
    Flores de ferro
    Nº 418
    Rei Vilas, María
    Galaxia
    PREMIO GARCÍA BARROS 2020 Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos  que a ...
    No disponible

    23,95 €