TES CINCO MINUTOS #1

TES CINCO MINUTOS #1

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788491516071
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9151-607-1
Páxinas:
130
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
Libro regalo

Ao longo das sesións da Escola de Letras, que botamos a andar a  Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia,
 nas aulas, escoitouse moitas veces esa expresión de "tedes cinco minutos", para que as e os alumnos soubesen que ese era o tempo que tiñan para desenvolver unha proposta literaria. Foi divertido e estresante. En todo caso, un pracer dinámico. Ao final non eran cinco minutos...pero era divertido dicilo e que servise para botar a imaxinación a andar. O libro que tes nas mans é o resultado dun ano de traballo das alumnas  e alumnos do primeiro curso da Escola de Letras que se desenvolveu nas cidades de Vigo e Pontevedra durante o estraño e pandémico ano 2020. Comezamos presencialmente pero rematamos coas pantallas.  En todo caso, a literatura seguiu, na forma que fose. Abeirados ás súas profesoras e profesores traballaron intensamente  para tentar saber cal é a arquitectura interna dos soños, iso que  moitos chaman Literatura. Agora, ofrecémosche o resultado para que ti confirmes o talento, enorme, deste mollo de escritoras e escritores que están chamados a facer grandes cousas entre as letras de nós.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es