Pequena mitoloxía de Galicia

Pequena mitoloxía de Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027059
Ano de edición:
Materia
XEOGRAF?A
ISBN:
978-84-8302-705-9
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

30,75 €

IVE incluído

Este libro trata dos habitantes imaxinarios de Galicia, os habitantes dun mundo máxico, que non é distinto do real, ou que polo menos non está moi lonxe deste, e pode entreverse algunhas mañás, entre os raios  de sol que perforan a néboa; un mundo encantado que se sitúa no afastado horizonte, alí onde apousa o arco da vella os seus beizos e bebe as augas dos ríos, cando chove e vai sol e o demo vai para o Ferrol cargadiño de alfinetes; que se insinúa na espesura dunha fraga,  entre vellos carballos, á sombra dos que durmiña un xastre coxo e nugallán, que en sete parroquias non cose para ninguén e non dá tres pases e vano levar os demos; ou nas noites de San Xoán, á escasa luz das fogueiras, cando saltamos o lume novo e imos recoller o sabugueiro...Os autores deste volume, o mesmo equipo que publicara o Diccionario dos seres míticos galegos, diríxense agora ao público infantil e xuvenil co obxectivo de que os rapaces e rapazas aprendan a  tratar cos mouros, cos ananos, con esoutra xente cativa que habita nos castros, nos pazos soterrados, que voen coas meigas por riba das silveiras e por baixo das carballeiras.Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda volven a facer o esforzo de presentar o saber tradicional  do pobo, os ósos dos defuntos (a quen hai que escoitar con grande atención), que agardan polos nosos, os cantos dos paxaros, as antigas receitas e os compoñentes novos, o fiúncho e a menta, a ruda e a herba  de namorar, que só medra nos confíns occidentais do mundo, onda nós. Esta Pequena Mitoloxía de Galicia, libro singular, mesmo no seu formato e encadernación en cartoné, foi ilustrado por catro dos nosos mellores ilustradores Irene Fra, Fino Lorenzo, Enjamio e Teresa Novoa.  Catro miradas diferentes, catro estilos para desenvolver un mesmo proxecto: o de devolvernos o rostro descoñecido de trasnos, diaños, tardos e outros seres da mitoloxía galega.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • Contos marabillosos I
    Titulo del libro
    Contos marabillosos I
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,35 €

  • Diccionario de los seres míticos gallegos (Cast.)
    Titulo del libro
    Diccionario de los seres míticos gallegos (Cast.)
    Cuba, Xoán R.;Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio
    Xerais
    Con el rigor de un diccionario y el hechizo de una novela apasionante,  este libro constituye una de las más i...
    No disponible

    38,20 €

  • Contos colorados
    Titulo del libro
    Contos colorados
    Cuba, Xoán R.;Reigosa, Antonio;Miranda, Xosé
    Xerais
    Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da t...
    No disponible

    47,10 €

  • Contos marabillosos II
    Titulo del libro
    Contos marabillosos II
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

  • Contos marabillosos IV
    Titulo del libro
    Contos marabillosos IV
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

Materia en Librerias Nobel.es

  • La expulsión de los judíos
    Titulo del libro
    La expulsión de los judíos
    Luis Suárez
    Ariel
    La extraordinaria vitalidad que el judaísmo hispánico había llegado a poseer entre los siglos XI y XV se vio...
    No disponible

    21,90 €

  • La Magdalena
    Titulo del libro
    La Magdalena
    Juan Arias
    Aguilar
    No disponible

    15,95 €

  • América Media
    Titulo del libro
    América Media
    Lasserre, Guy
    Ariel
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    5,00 €

  • MECAS DEL PECADO, LAS
    Antigo
    Titulo del libro
    MECAS DEL PECADO, LAS
    ALTAVILLA, ENRICO
    Plaza & janes editores
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • La revolucion del siglo xx - gabriel tortella
    Titulo del libro
    La revolucion del siglo xx - gabriel tortella
    Tortella Casares, Gabriel
    Taurus
    Este libro trata de explicar los grandes perfiles históricos del siglo  que termina desde una perspectiva econ...
    No disponible

    20,25 €

Xerais en Librerias Nobel.es