Os santos das nacións
 IBD

Os santos das nacións

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875123
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-8487-512-3
Páxinas:
286
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

22,95 €

IVE incluído
Comprar

Título: Os santos das nacións
Subtítulo: Reliquias e lendas de conversión en Europa
O culto das reliquias é considerado na actualidade por moitas persoas como una supervivencia do pasado que só  se pode manter viva gracias á práctica da liturxia; e sobre todo gracias á existencia das peregrinacións, fenómenos relixiosos, culturais e políticos á vez. Somentes o catolicismo, entre as relixións vivas do cristianismo occidental, mantén ese culto, pero insistindo en que nel non se trata de adorar uns obxectos ou restos humanos senón a memoria dun santo ou santa consagrados seguindo os procedementos regulados polo dereito canónico dende a Edade Media.
O recoñecemento da autenticidade das reliquias tiña que ser feito cos protocolos canónicos que permitisen comprobar a existencia histórica da persoa que ía ser obxecto de culto, así como os feitos senlleiros da súa vida, milagres e normalmente tamén da súa morte, case sempre no martirio. Estas investigacións eruditas, baseadas nos textos e nos monumentos, tentaban frear moreas de intereses locais, rexionais, e a veces tamén nacionais, que levaban a falsificar moitas reliquias, porque todas elas eran fontes de prestixio relixioso e político e daban moitos beneficios económicos.
Neste libro pode verse un estudo completo a nivel europeo da orixe das reliquias, moi unida ás persecucións contra os cristiáns no Imperio Romano, das que se fai un detido estudo histórico-relixioso e xurídico. Partindo de eses comezos, estúdanse os procedementos canónicos de recoñecemento do  valor das reliquias, a súa conservación , e incluso o intercambio delas, normalmente ofrecidas como regalos.
Non pode haber reliquia sen santo, e santo sen vida ou sen historia que contar, e por iso poderemos ver como nestes casos a historia mestúrase case sempre coas lendas, nos casos dos grandes reinos da Europa medieval. Neste libro ofrécese un estudo das lendas relacionadas coas reliquias do apóstolo Santiago, para o caso de España, pero tamén dos outros grandes patróns  dos reinos europeos, como Xosé de Arimatea, protector de Inglaterra, Andrés, apóstolo e patrón de Escocia e María Magdalena, a patrona de Francia que recibiu culto en Vezelay e na Provenza, ata chegar á Revolución Francesa.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Laiovento (ibd) en Librerias Nobel.es

  • TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS
     IBD
    Titulo del libro
    TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS
    Afonso Becerra de Becerrea
    Laiovento (ibd)
    "Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois  contén algo máis que as 10 pezas breve...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    13,00 €

  • Alguén virá...
     IBD
    Titulo del libro
    Alguén virá...
    Pablo García Martínez
    Laiovento (ibd)
    Alguén virá... é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX,...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid (1912-1925)
     IBD
    Titulo del libro
    Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid (1912-1925)
    del Valle-Inclán Alsina, Javier
    Laiovento (ibd)
    Estas páxinas queren achegar algo de luz sobre os anos que Josefina e Valle Inclán viviron entre Galiza e Mad...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    22,89 €

  • Triptico ártabro
     IBD
    Titulo del libro
    Triptico ártabro
    Nº 14
    Penas, Ánxeles
    Laiovento (ibd)
    O libro Tríptico ártabro, de Ánxeles Penas, resulta paradigmático do seu mundo poético. Tanto na súa escr...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €

  • ROSALÍA DE CASTRO. ESTUDIOS SOBRE A VIDA E A OBRA
     IBD
    Titulo del libro
    ROSALÍA DE CASTRO. ESTUDIOS SOBRE A VIDA E A OBRA
    Andrés Pociña e Aurora López
    Laiovento (ibd)
    Esta obra monumental constitúe un utilísimo instrumento para calquera outra investigación sobre Rosalía de ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,99 €