Os anos do silencio

Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411100335
Ano de edición:
ISBN:
978-84-11-10033-5
Páxinas:
504
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
215
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
MEMORIA

28,50 €

IVE incluído
Comprar

Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950.
 O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo». A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. Por outro lado, afóndase nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, tanto a través das organizacións políticas clandestinas como dos distintos grupos da guerrilla, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas.
 Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico  e divulgativo.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es