O tempo das mareas

O tempo das mareas

Editorial:
Consello cultura galega
EAN:
9788492923670
Ano de edición:
Materia
NATUREZA
ISBN:
978-84-92923-67-0
Páxinas:
217
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

María Victoria Casares Pérez naceu fronte ao mar da Coruña en 1922. As  guerras e os exilios conducírona a Francia, onde se converteu en Maria Casarès, unha das grandes actrices europeas do século XX. O tempo das mareas percorre a súa vida dende unha óptica galaica, achegando datos e materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, a adolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a madurez plena dunha das personalidades culturais máis interesantes e descoñecidas da Galicia contemporánea.
 Recuperar a Galicia de María Casares, reintegrar a súa memoria á nosa é a proposta destas páxinas, porque a súa Galicia forma parte da historia que nos foi negada, e porque a actriz sempre levou con orgullo e dignidade o seu ser de muller galega. María Casares fixo vivir Galicia na creación artística francesa, modificando as súas linguaxes teatrais en clave galaica e deixando a súa traza oceánica no  universo mediterráneo de Albert Camus. Descubrindo a Galicia de María  Casares, a súa liberdade, comprendéndoa, quizais poidamos facer un pouco máis libre a nosa.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Consello cultura galega en Librerias Nobel.es