O nacemento de Nunavut

O nacemento de Nunavut

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029374
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-8302-937-4
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
200
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NUNAVUT

9,45 €

IVE incluído

Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas  condicións, ocupando a rexión máis fría do noso planeta, a do Círculo  Polar Artico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Alí os esquimós viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do século XIX, na época das grandes exploracións, entraron en contacto cos europeos. Actualmente, as diversas tribos innuit seguen a loitar por defenderen os seus eidos, as súas culturas e as súas linguas: o modo ancestral de vida da que foron afastados. Pero Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma  para tódalas comunidades árticas. O obxectivo desta nova serie de Xerais, As aventuras de Nunavut, é que os lectores e lectoras novos poidan descubrir as marabillas dunha cultura que, por fortuna, aínda nos pode ensinar moito. En O nacemento de Nunavut, o primeiro dos libros da serie, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, asistimos á chegada ao mundo da meniña, quen, tras ser abandonada a súa sorte, é levada á morada dos ingnersuit, os trasnos ou espíritos da escuridade, de onde tentará rescatala o seu arrepentido pai, Ukapi.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

  • (disney princesa)
    Titulo del libro
    (disney princesa)
     
    Everest
    No disponible

    14,96 €

  • Un detective chachi piruli
    Titulo del libro
    Un detective chachi piruli
    Gargallo Gil, Antonio
    Didacbook
    Iván Gutiérrez es un detective gafado! Sin embargo, la condesa de Winsterland confía en él y le propone un ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    8,95 €

  • BONA NIT, GORIL.LA
    Titulo del libro
    BONA NIT, GORIL.LA
    Rathmann, Peggy
    Ekare europa
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    9,90 €

  • Estegosaurio
    Titulo del libro
    Estegosaurio
    Rikki Schever
    Edelvives
    No disponible

    5,70 €

  • INTERNETEKO KROKODILOAREN KASUA
    Titulo del libro
    INTERNETEKO KROKODILOAREN KASUA
    AA.VV
    Giltza
    Kasu ilunak argitzeko duen zaletasunak eraginda, Txarli & Company detektibe-agentziak beste abentura bat biziko...
    No disponible

    12,00 €

Xerais en Librerias Nobel.es