O libro negro da lingua galega

O libro negro da lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411101196
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-11-10119-6
Páxinas:
768
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
175
Alto:
240
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA

27,90 €

IVE incluído
Comprar

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que  perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo  de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro  para a lingua que nos une.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

  • En castellano no hay problema
    Titulo del libro
    En castellano no hay problema
    Callón, Carlos
    Xerais
    Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que aborda...
    No disponible

    20,95 €

  • Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
    Titulo del libro
    Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
    Callón, Carlos
    Xerais
    En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a...
    No disponible
  • INSCRICIÓNS
    Titulo del libro
    INSCRICIÓNS
    Nº 81
    Callón, Carlos
    Galaxia
    A morte. A vida. O que as une. Pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o a...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,35 €

  • COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCION E FLUIDEZ
    Titulo del libro
    COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCION E FLUIDEZ
    CALLON, CARLOS
    Xerais
    De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de us...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €

  • Atravesar o fantasma
    Titulo del libro
    Atravesar o fantasma
    Nº 36
    Callón, Carlos
    Xerais
    O autor fai unha peneira da poesía que escribiu desde a súa adolescencia até os 35 anos, a idade que Dante c...
    No disponible

Materia en Librerias Nobel.es

Xerais en Librerias Nobel.es

  • Fonte de Esperante
    Titulo del libro
    Fonte de Esperante
    Marcos López, Xesús Manuel
    Xerais
    Esperante, trasunto mítico dun mundo rural en inevitable decadencia, é  o espazo ficcional onde Xesús Manuel...
    No disponible

    19,50 €

  • Dez eran dez
    Titulo del libro
    Dez eran dez
    Babarro, Xoán
    Xerais
    No disponible

    7,85 €

  • Quen precisa unha avoa?
    Titulo del libro
    Quen precisa unha avoa?
    Barreira Freije, Andrea
    Xerais
    Este curso non pinta ben para Marta. O mestre quere traballar nun proxecto para o que van ter que falar coas sÃ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Tempo rachado
    Titulo del libro
    Tempo rachado
    Chamorro, Margot
    Xerais
    Aínda está moi viva entre nós a memoria da guerra civil, e tamén a dos  longos e crueis anos de postguerra;...
    No disponible

    8,00 €

  • Cita en Fisterra
    Titulo del libro
    Cita en Fisterra
    Rei Núñez, Luís
    Xerais
    O viaxeiro destas páxinas é deses tipos pouco dados a conxugar en primeira persoa heroísmos e bravuras. No c...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €