O lapis do mono é o terceiro libro de aforismos do autor, logo de Arca cotidiana / Irispaxaros (1984) e Da rocha imantada (Laiovento, 2010). Xavier Seoane leva toda a vida escribindo aforismos e no presente volu-me recolle a súa produción entre os anos 2010 e 2020. A súa dedicación ao xénero inclúe tamén un libro de artista, Irispaxaros, que o gravador Manuel Facal realizou sobre unha antoloxÃa das súas creacións. Da súa autorÃa é tamén a edición, en colaboración con Francisco Pillado, dunha ampla antoloxÃa de aforismos de 48 autores galegos, titulada Os aforismos do riso futurista (Ed. Xerais, 2016). O aforismo, coa súa concentración e brevidade, é un xénero moi do noso tempo. Que, por fragmentario ou parco que aparente, constitúe un ente autónomo, completo, que absorbe moita enerxÃa nun molde reducido. O aforismo integra elementos que van da filosofÃa á poesÃa, da ética á estética, do humor ao ludismo, da creatividade filolóxica e lingüÃstica ás inmersións no psiquismo, da subversión á retranca, do enxeño á sabedorÃa, do paradoxo ao siloxismo, do xogo verbal á sentenza, da imaxinación á ironÃa... Pois nada cae fóra das virtualidades incisivas do aforismo. No noso momento histórico e cultural, o aforismo literario está a alcanzar valores relevantes no campo da literatura. È un xénero atractivo e en ascenso. Que está a vivir un momento de ampliación da súa esen-cia, recursos e proxección. Porque se trata dun instrumento aberto, en constante metamorfose, con tantas poéticas como autores o practican. Se aÃnda non existe consenso sobre o que é un poema, ou unha novela, como o Ãa haber sobre un xénero de tanta virtualidade estética e de configuración formal tan diversa. O ensaÃsta e pensador Antón Baamonde, no prólogo, sinala o humor, a diatriba, a chispa, a retranca e a lÃrica como claves deste libro. Para concluÃr: "Verdades amenas, que máis se pode pedir?".