O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023167
ISBN:
978-84-8302-316-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

20,60 €

IVE incluído

Baixo o título O Galego Soto. Líder da Patagonia Rebelde, Lois Pérez Leira (como coordinador), a historiadora Dolores Vieites Torreiro, o xornalista e intelectual arxentino Osvaldo Bayer, e o sindicalista Manuel Mera recuperan a figuran de Antonio Soto Canalejo, "O galego Soto", líder que foi da revolta obreira da Patagonia arxentina nos anos vinte. O libro estructurado en catro partes, correspondendo cada unha á contribución de cada un dos autores, aparece dentro dun novo formato da colección "Crónica", apoiado por unha estensa e coidada documentación fotográfica, a maior parte dela inédita ata hoxe en Galicia. Antonio Soto, alto rubio e de ollos claros, naceu en Ferrol en 1897 e chegaría a Buenos Aires a unha idade temperá, cando a cidade  arxentina era un fervedeiro de folgas e manifestacións, que tiñan por  fin reclamar mellores condicións de traballo e salario para a clase obreira. A vida de Soto quedou inmortalizada na película dirixida por Héctor Oliveira, que protagoniza o actor Federico Luppi, La Patagonia Rebelde e no recente documental de Xan Leira, estreado en Canal +. O presente volume pretender difundir en Galicia e recuperar para a súa memoria colectiva unha figura descoñecida aquí, pero que constitúe un auténtico mito na historia da Arxentina de hoxe. A vida de Soto estivo  envolta na loita obreira. A pouco de chegar a Río Gallegos foi elixido secretario xeral da Federación Obreira da Poboación. Alí xunto  a outros traballadores da hostelería e da lá, protagonizou unha folga  de protesta para reclamar, entre outras cousas, un salario de oito horas, cama digna, candeas e alimentos. As sublevacións, alentadas na súa maioría por emigrantes galegos, animan ó exército arxentino a actuar e sofocar as manifestacións. Para isto, enviou tropas para dobregar ós folguistas co resultado da morte de máis de 1.500 traballadores. Un auténtico xenocidio que constitúe unha das páxinas máis negras da historia arxentina.

Xerais en Librerias Nobel.es

  • pensar..pensar matemáticas 5 anos 2016
    Titulo del libro
    pensar..pensar matemáticas 5 anos 2016
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    26,95 €

  • De vagar. Expresión escrita 3
    Titulo del libro
    De vagar. Expresión escrita 3
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    7,25 €

  • LINGUA E LITERATURA ABAU 2018
    Titulo del libro
    LINGUA E LITERATURA ABAU 2018
    Mosteiro García, Manuel Antón
    Xerais
    «Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2018» é unha obra que ...
    No disponible

    13,15 €

  • A rebelión dos coellos máxicos
    Titulo del libro
    A rebelión dos coellos máxicos
    Dorfman, Ariel
    Xerais
    Cando os lobos se apoderaron do país dos coellos, o primeiro que fixo o xefe da manda foi proclamarse rei. O s...
    No disponible

    7,95 €

  • O vento nos salgueiros
    Titulo del libro
    O vento nos salgueiros
    Grahame, Kenneth
    Xerais
    No disponible

    10,60 €