O falar das fadas

O falar das fadas. lingua, música e toponimia da Galiza

Editorial:
Baia
EAN:
9788499952093
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9995-209-3
Páxinas:
214
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
120
Alto:
170
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Durante cinco anos, desde novembro de 2010 até finais de 2015, o asinante destas páxinas estivo a colaborar de modo regular coa publicación dixital Terra e Tempo [...] con artigos mensais e, xa nos últimos tempos, con contributos bimensais. Vaia por diante, antes de máis, o meu agradecemento aos órgaos de xestión da antecitada revista,  dependentes da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, pola oportunidade brindada e por así poder participar nunha publicación que posúe unha traxectoria de máis de corenta anos (seis na era dixital desde 2010) e que na actualidade constitúe unha referencia entre os medios de información, de comunicación e de pensamento na Galiza [...].
 
 O presente traballo recolle, por tanto, a maior parte deses textos, que, á excepción dalgún caso, proveñen da coñecida revista. Xa nesta altura, perante a selección nun único volume, era necesario estaren dotados dun título unitario. E pensei, para iso, que o famoso nome do poema de Valentín Lamas Carvajal publicado en Saudades gallegas (1880)  podía servir para tamén intitular a presente escolla, a cal asenta en  tres eixos temáticos xerais: con independencia de certos artigos se centraren en asuntos como o labor do asociacionismo veciñal, a reinvindicación da figura de Alexandre Bóveda, as impresións particulares que me inspiraron determinadas vivencias etc., o certo é que a lingua, a música tradicional e os nomes de lugar do país son as cernas fundamentais do libro. Todas tres, embora pedagoxicamente poidan resultar saberes ou disciplinas doadamente delimitábeis, ilustran innúmeros puntos de confluencia, de forma que, a pesar do maior peso dos contributos focados en temas filolóxicos aquí contidos,  os consagrados a aspectos da toponimia e da música galegas conseguen harmonizar con eles ao serviren como eficaz complemento e non exclusivamente ornamental: as fadas galegas, ao falaren, fano en galego, e elas propias, cando cantan, fano tamén no noso idioma; por súa vez, as montañas, os ríos, os penedos, as fontes, os lugares, os camiños e os vales, cando se fan lingua entre nós mediante a toponimia  e cando se comunican coas fadas, tamén se exprimen en galego. Aí é onde aparece, pois, o verdadeiro falar das fadas, capaz de vincular a lingua, a música e a paisaxe transformada en millenta nomes.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

  • COCINA PRACTICA DE CUARESMA
    Titulo del libro
    COCINA PRACTICA DE CUARESMA
    LASSUS
    Maxtor
    ESTE LIBRO, SI BIEN TIENE UN PROFUNDO SENTIDO RELIGIOSO, ES TAMBIéN UNA CURIOSA FORMA DE ACERCARSE A LA COCINA...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    7,50 €

  • NIEBLA Y ACERO
    Titulo del libro
    NIEBLA Y ACERO
    Nº 2
    Zoilo Hernández, José
    Ediciones b
    Sumérgete en compañía de Attax en una Hispania oscura, fronteriza y al  borde del caos. Segunda entrega de l...
    No disponible

    22,90 €

  • El llibre daurat
    Titulo del libro
    El llibre daurat
    Llach i Grande, Lluís
    Univers
    Ambientada a finals del segle XIII en un territori imaginari que fa pensar en la Catalunya que al sud confinava...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,90 €

  • Los barcos se pierden en tierra
    Titulo del libro
    Los barcos se pierden en tierra
    Pérez-Reverte, Arturo
    Punto lectura
    El mar restalla en las cuartillas que tengo sobre la mesa y que el viento agita blancas como penachos de espuma...
    No disponible

    8,95 €

  • EL EJERCITO DEL MAÑANA
    Titulo del libro
    EL EJERCITO DEL MAÑANA
    AA.VV
    Disney libros
    Nick Furia ha descubierto que HYDRA está reactivando a sus agentes. El  Capitán América, con la ayuda de sus...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    9,95 €

Baia en Librerias Nobel.es