O exiliado e a primavera

O exiliado e a primavera

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822022
Materia
LITERATURA XUVENIL: MAIS DE 12 ANOS
ISBN:
978-84-9782-202-2
Páxinas:
144
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Alexandre Marrube, un galeguista exiliado en México, retorna a súa cidade natal, despois de case corenta anos de ausencia, para asistir ao enterro da súa nai. Naqueles días, o exiliado atoparase cunha comunidade despolitizada que apenas lembra nin a guerra nin os anos da  fame e nin sequera posúe conciencia de que vive na ditadura. Marrube enfrontarase tamén a unha familia, que apenas o recoñece (sexa a súa irmá ou o seu cuñado, o maxistrado, que quedaron en Galicia sobrevivindo), e a un mozo, militante antifranquista con quen ten dificultades de empatar o seu discurso político. Alexandre Marrube regresa a Galicia intentando atopar ou reconstruír o seu mundo perdido, aínda que coa desolación de se decatar de que todo é inútil, imposible, pois os seus ollos chocan cunha sociedade apática e desmemoriada, á que non entende, pero satisfeita cun precario, pero novidoso, consumismo. "O exiliado e a primavera" a novela de Manuel Veiga gañadora do Premio  Xerais 2004 é unha obra vigorosa, escrita con vontade de estilo e capacidade evocadora, que abre varios frontes de debate e interese para un público amplo. A confrontación do exiliado cunha Galicia que apenas lembra o tempo da República. A relación do exiliado cos que deberían de ser os seus herdeiros, os xoves militantes antifranquistas  dos sesenta e setenta, na medida que atopa que en boa medida non se recoñece neles e eles tampouco o fan nel. E por último, a polémica entre o exiliado que regresa e os amigos que quedaron no interior e que viven máis ou menos satisfactoriamente nestes derradeiros anos da ditadura (a novela está ambientada en tres meses do ano 1974): as razóns de uns e outros están expostas na novela con sinceridade e realismo, unha discusión que aínda latexa hoxe en cada familia.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

  • NARRACIONS EXTRAORDINARIES
    Titulo del libro
    NARRACIONS EXTRAORDINARIES
    POE, EDGAR ALLAN
    Teide
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,70 €

  • L'academia austera
    Titulo del libro
    L'academia austera
    MARCEL FARRAN MORENILLA;Lemony Snicket
    Columna edicions
    No disponible
  • La Princesa Invisible
    Titulo del libro
    La Princesa Invisible
    Anguera, Mercè
    La galera
    Es una época de canvis per a la jove Mei: ajudará la seva mare a la perruqueria, anirá a viure amb la seva ...
    No disponible
  • KATALIN EROSKETAN EGITEN
    Titulo del libro
    KATALIN EROSKETAN EGITEN
    AA.VV
    Ibaizabal
    Orrialde garbigarriak eta ertz biribilduak dituzten txikienentzako liburu bereziak dira. Hitzekin eta haur bate...
    No disponible

    12,50 €

  • ONGI JOAN!
    Titulo del libro
    ONGI JOAN!
    AA.VV
    Ibaizabal
    Zenbat garraiobide! Gainera, arretaz begiratzen baduzu, ezusteko atseginak aurkituko dituzu. Brum, br...
    No disponible

    10,60 €

Xerais en Librerias Nobel.es