O curioso mundo das persoas normais

O curioso mundo das persoas normais

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498654592
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-459-2
Páxinas:
136
lingua:
GALEGO
Ancho:
125
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

O autor de Un tipo listo, Premio García Barros 2009, debrúzase nesta nova novela na realidade contemplada por un personaxe condenado a unha  existencia moi diferente á habitual. Porque, cando os actos cotiáns responden a motivos absurdos, a normalidade convértese no máis sorprendente. Cunha boa dose de humor e ironía a última novela Xosé Monteagudo vai descubrindo devagar os múltiples paradoxos da existencia. Nun relato que percorre boa parte da historia do século vinte a través da mirada dun personaxe singular no que a tenrura convive coa agudeza e as limitacións do corpo coa liberdade máis furiosa do pensamento. A novela está inspirada nunha historia real acontecida en Pontevedra mais non é esa mesma historia exactamente, tal como explica o autor ao final do libro: "En abril do 2010 diversos  medios de comunicación deron a noticia de que un enfermo de 79 anos de idade acababa de falecer no Hospital Provincial de Pontevedra. A persoa en cuestión non tivera vida pública. O sorprendente do caso (e o motivo polo que a nova saltou aos medios) era que o falecido pasara os últimos setenta e sete anos da súa vida confinado entre as paredes do Hospital Provincial de Pontevedra." Ata aquí os trazos fundamentais  da persoa na que está inspirado o personaxe principal de O curioso mundo das persoas normais, segundo conta o autor na nota final da novela, que parte desta historia real para contar unha historia de ficción a través da cal a realidade se contempla dun xeito diferente.A  nova novela de Xosé Monteagudo conta unha historia sorprendente, a dun home que pasa toda a súa vida pechado no cuarto dun hospital.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • Escola de menciñeiros
    Titulo del libro
    Escola de menciñeiros
    Cunqueiro Mora, Álvaro
    Galaxia
    Libro de saudadores, de estrafalarios, de aluados, de bichería e de soños. Escrito sen excluír unha pinga de...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,20 €

  • Sapos e sereas
    Titulo del libro
    Sapos e sereas
    Cabaleiro, Ana
    Galaxia
    Unha voz especialmente singular dentro da nosa literatura e que nos vai agasallar, no futuro, páxinas coa mesm...
    No disponible
  • A terra quere pobo
    Titulo del libro
    A terra quere pobo
    Barreiro Rivas, Xosé Luís
    Galaxia
    Barreiro Rivas aborda distintos aspectos da realidade galega dende unha pluralidade temática que vai dende a o...
    No disponible
  • Café Voltaire
    Titulo del libro
    Café Voltaire
    AA.VV
    Galaxia
    Todo comezou [...] despois da morte de Carlos Casares e X. A. Fernández Moreno. Un tanto orfos de palabra...
    No disponible
  • Vermello e negro
    Titulo del libro
    Vermello e negro
    Stendhal,
    Galaxia
    Xulián Sorel, un mozo de orixes humildes e dono dunha gran ambición, entra a traballar como preceptor dos fil...
    No disponible