O cento voando

O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411102889
Ano de edición:
ISBN:
978-84-11-10288-9
Páxinas:
216
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO

19,95 €

IVE incluído
Comprar

O libro que tes nas mans xorde dun impulso, dunha necesidade de pór en  común algo que non é novo, pero do que se escribiu pouco. Aquí encontrarás paxaros que non mercaron o discurso hexemónico e capitalista do amor e que se lanzaron a voar libres, valentes; reflexións sobre maternidades bisexuais e non-monógamas; reivindicacións da potencialidade revolucionaria das amigas e amigues;  metaamores que rexeitan o termo para reivindicar o seu propio lugar; apostas políticas nas convivencias interxeracionais; cuestionamentos dos privilexios e do desexo entendido como un construto social; análises da relación entre monogamias e capitalismo ou exposicións dos  conflitos e dificultades diarias a que se enfrontan as persoas que apostan por unha vida poliamorosa transfeminista. Agardamos que te lances a voar con nós e que sintas este cento voando como arnés co que  sucar os ventos sen medo á caída.

Xerais en Librerias Nobel.es