Modelos de lingua e compromiso

Modelos de lingua e compromiso

Editorial:
Baia
EAN:
9788499951492
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9995-149-2
Páxinas:
212
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Modelos de lingua e compromiso é unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma e a súa recuperación.
 A publicación, coordinada por Xosé Manuel Sánchez Rei, dá acubillo a traballos realizados polas profesoras e polos profesores da Facultade de Filoloxía da UDC Goretti Sanmartín Rei, Laura Tato Fontaíña, Manuel  Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato e o propio Xosé Manuel Sánchez Rei, integrantes, asemade, do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da UDC (http:www.illa.udc.gal).
 O estudo participa no debate vixente sobre o modelo lingüístico que se  debe promover ou sobre se realmente ten sentido falarmos dunha "lingua de calidade", profundando na necesaria confluencia entre o compromiso real co idioma desde as institucións públicas coa proxección dunha referencia exemplar digna de calidade para o galego.
 Por iso, o propio título deste volume colectivo, Modelos de lingua e compromiso, sintetiza con acerto unha das ideas xerais contidas e matizadas en cada un dos traballos desde prismas diferentes, cal é o estreito vínculo entre a implicación coa normalización do galego en todos os ámbitos de uso e a predilección por un modelo lingüístico capaz de o estilizar e de o dignificar; dificilmente se pode pensar nunha restauración social da lingua cando o que se pretende restaurar está fortemente erosionado polo español, cando se confunde autenticidade idiomática soamente con variedades coloquiais ou cando se parece tolerar con certa normalidade, mesmo en ámbitos académicos, inquietantes doses de hibridación con aquela lingua.
 Para desenvolver estes puntos de partida, preséntase unha organización  das cinco contribucións que avanza do máis xenérico a cuestións máis concretas:
 -"Lingua oral, calidade da lingua e futuro do galego", de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
 -"A preocupación por unha lingua oral de calidade: aproximación histórica ao caso do galego nos anos finais do século XIX e nos inicios do XX", de Xosé Manuel Sánchez Rei.
 -"Arredor da calidade da lingua no teatro da primeira metade do século  XX", de Laura Tato Fontaíña.
 -"Eduardo Pondal á procura do verbo sublimado. Arredor das re-escrituras pondalianas", de Manuel Ferreiro.
 -"A estética da seguranza. Lingua e transcendencia en Rosalía", de Goretti Sanmartín Rei.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Materia en Librerias Nobel.es

  • Políticas educativas de éxito
    Titulo del libro
    Políticas educativas de éxito
    Fundación Santillana. Semana Monográfica de la Educación
    Santillana
    No disponible

    12,00 €

  • Les dues cultures
    Titulo del libro
    Les dues cultures
    Nº 11
    Snow, C. P.
    Atico de libros
    Per primer cop en català, la importantíssima reflexió de l'escriptor Charles P. Snow sobre el divorci entre ...
    No disponible
  • ESCRITOS COMBATIVOS
    Antigo
    Titulo del libro
    ESCRITOS COMBATIVOS
    Nº 5
    CARO BAROJA, JULIO
    Libertarias prodhufi
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,95 €

  • El clergue i el bufó
    Titulo del libro
    El clergue i el bufó
    Camats i Guàrdia, Ramon
    Angle
    «El clergue i el bufó», que ha obtingut una menció especial del jurat del Premi IDEES Assaig Breu en la sev...
    No disponible

    8,00 €

  • Bosquejo de Europa
    Titulo del libro
    Bosquejo de Europa
    De Madariaga, Salvador
    Encuentro
    Salvador de Madariaga nos sorprende todavía hoy con su certero y actual análisis de la realidad europea. Ve a...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    23,00 €

Baia en Librerias Nobel.es