Máscaras rotas para Sebastian Nell

Máscaras rotas para Sebastian Nell

Nº:
331
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498655698
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9865-569-8
Páxinas:
404
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Editorial Galaxia publica Máscaras rotas para Sebastian Nell, novela coa que Alberto Ramos obtivo o Premio García Barros do ano 2014. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela que combina distintos tipos de escritura nos que a materia narrativa se une co xénero da entrevista.
 En opinión do xurado, nesta obra de Alberto Ramos destaca a grande orixinalidade da disposición do material narrativo e a caracterización  do seu protagonista. Introdúcesenos nunha poderosa historia protagonizada por un actor inglés nas súas derradeiras horas; Sebastian Nell lembra os seus días, cheos de luces e sombras, diante dunha xornalista coa que mantén unha entrevista longa. Polo camiño vai  aboiando todo un mundo de miserias persoais e profesionais, de envexas e iras que tracexan un retrato intenso e non sempre agradecido  do difícil universo do teatro e do cinema.
 Ao final da súa vida, e tras recibir o diagnóstico do alzhéimer, o actor británico Sebastian Nell concédelle unha única entrevista á xornalista Rebecca Graham. Nas longas horas de conversa, o actor percorre a súa traxectoria teatral en Gran Bretaña e a súa carreira cinematográfica en Hollywood. Retrata así, con nostalxia e ao tempo desarraigamento, os falsos brillos da sociedade do espectáculo. Mais non só, porque do pasado de Sebastian Nell tamén xorden os bombardeos de Londres na Segunda Guerra Mundial, a enfermidade, a miseria, o amor, un particular sentido da historia contemporánea e un desexo impúdico de contar. Alberto Ramos fai nesta novela unha radiografía dos claroscuros do século XX a través do diálogo punzante e inclemente  de dous personaxes que intentan descubrir quen é cadaquén. E onde nada é nunca o que parece.

Outros libros do autor en Librerias Nobel.es

Galaxia en Librerias Nobel.es

  • As catro estacións
    Titulo del libro
    As catro estacións
    García Teijeiro, Antonio
    Galaxia
    No disponible

    5,77 €

  • A paixón de Carolina Otero
    Titulo del libro
    A paixón de Carolina Otero
    Chao Rego, Ramón
    Galaxia
    Velaquí o relato novelado da vida de Carolina Otero, a galega que triunfou nos escenarios de París cando esta...
    No disponible
  • Diccionario da Real Academia Galega
    Titulo del libro
    Diccionario da Real Academia Galega
    García, Constantino;González González, Manuel
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    49,50 €

  • IRIDIUM
    Titulo del libro
    IRIDIUM
    Nº 104
    Castro, Francisco
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • Un mar de preguntas
    Titulo del libro
    Un mar de preguntas
    Nº 4
    García Galdo, Javier
    Galaxia
    Para que serve una balea Canta forza ten o mar Cantas especies habitan  os océanos Porque soben e baixan as ma...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,00 €