Manuel Murguía. Vida e obra

Manuel Murguía. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024904
ISBN:
978-84-8302-490-4
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

9,55 €

IVE incluído

Manuel Murguía. Vida e obra, o volume preparado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático e membro da Real Academia Galega, e por Xosé Luis Axeitos, profesor e investigador de Literatura Galega, pretende debuxar o perfil dun personaxe de gran interese para Galicia sen necesidade de recorrer a adxectivos grandilocuentes, nin a louvanzas desmesuradas. Os autores non pretenden ocultar as evidentes contradiccións nas que desenvolveu a vida e obra de Murguía, tratando de darlle unha explicación racional no contexto da cultura europea da época. Apórtanse datos concretos sobre certos episodios pouco coñecidos da súa vida, repasando tódalas súas actividades creativas e profesionais: periodismo e literatura, constructor do feito diferencial de Galicia, funcionario, político e académico e sempre polémico e polemista.Manuel Murguía. Vida e Obra organízase nos seguintes apartados: "Biobliografía de Manuel Murguía. Cronoloxía", traballo de carácter introductorio que permite seguir paso a paso as visitudes do personaxe a través dos correspondentes espacios vitais polos que transitou; "As etapas dunha vida", que supón un achegamento biográfico á figura humana de Murguía, dende a súa etapa compostelana (1833-1851), a súa estancia en Madrid (1851-1858), onde mesturou literatura e bohemia, á década que dedicou á historia (1959-1869), ata  á creación da Real Academia Galega, da que foi o primeiro presidente;  "Murguía, historiador do feito diferencial de Galicia", que estudia a  súa dimensión como o primeiro teorizador do feito diferencial galego,  base teórica do movemento cultural e político do galeguismo. Remata o  volume cunha completa bibliografía sobre a obra de quen é homenxeado este ano 2000, no "día das Letras Galegas". O volume inclúe, tamén, unas selección de fotos e documentos que complementan este esbozo de Manuel Murguía, no que aparece máis preto, máis humano e, xa que logo,  máis noso.

Xerais en Librerias Nobel.es

  • A historia da buguina
    Titulo del libro
    A historia da buguina
    Agulla Pizcueta, Xoaquin
    Xerais
    No século XVII, as rotas do comercio marítimo que cruzan o mar Mediterráneo sofren os ataques dos piratas. U...
    No disponible

    7,30 €

  • Mambrú volveu da guerra
    Titulo del libro
    Mambrú volveu da guerra
    Labraña, Carlos
    Xerais
    Unha nena está desexando explorar o parque infantil que abriron ás aforas da vila. Mentres xoga, encontra por...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Estatuto xurídico da lingua galega
    Titulo del libro
    Estatuto xurídico da lingua galega
    Ferreira Fernández, Antonio Xavier;Nogueira López, Alba;Tato Plaza, Anxo;Villares Naveira, Luís
    Xerais
    ¿Cales son os dereitos lingüísticos? ¿Como están regulados? ¿Como podemos defendelos? ¿En qué lingua fa...
    No disponible

    21,80 €

  • Curriño. Fama ou fuga
    Titulo del libro
    Curriño. Fama ou fuga
    Nº 03
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Socorro! Secuestraron a Curriño! Non imaxines uns tipos fortes e con cara de malos, non. A secuestradora é An...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,95 €

  • (G).(08).LECTOESCRITURA 1.(RISA BOLBORETAS) (PAPAPAPU)
    Titulo del libro
    (G).(08).LECTOESCRITURA 1.(RISA BOLBORETAS) (PAPAPAPU)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    8,55 €